Os Gutis foron un pobo do leste do río Tigris, posíblemente orixinarios dos Zagros[1] e antepasados dos kurdos[Cómpre referencia], que desde o -2200 participaron nas loitas para dominar Akkad, reino do que chegaron a ocupar unha parte, primeiro brevemente (-2180 - -2175) e, máis tarde, por máis tempo (-2159 - -2116). Expulsados aínda son mencionados nas rexións orixinarias, chamadas Qutum, durante un certo tempo. O -2075 Shulgi de Ur fixo unha expedición contra eles.

Reis editar

Notas editar

  1. E. Haerinck, B. Overlaet, Bani Surmah: An Early Bronze Age Graveyard in Pusht-i Kuh, Luristan, Peeters Publishers, páx. 70