Gustavo César Veloso

ciclista galego
Gustavo César Veloso

Veloso
Información persoal
Nacemento Gustavo César Veloso
29 de xaneiro de 1980 (44 anos)
Vilagarcía de Arousa, Galicia Galicia
Equipo
Último equipo W52-FC Porto
Equipo(s) Pro

Gustavo César Veloso, nado o 29 de xaneiro de 1980 en Vilagarcía de Arousa, é un exciclista e director deportivo galego. Profesional entre os anos 2001 e o 2021, en 2023 dirixe o equipo ciclista portugués Tavfer-Mortágua-Ovos Matinados.[1] É un histórico competidor da Volta a Portugal, que gañou dúas veces (2014 e 2015) e onde subiu ao podio final nun total de seis ocasións, logrando ademais 12 vitorias de etapa. Gañou tamén unha etapa da Volta a España, no 2009.

Traxectoria editar

Ciclista editar

Comezou a súa andaina no equipo Club Ciclista Cultural Cambados ás ordes de Xosé María Conde Osorio, equipo do que saltou a profesionais despois de innumerables vitorias como afeccionado e de ser mundialista en Plouay. Debutou como profesional no 2001 co equipo portugués Carvalhelhos-Boavista, pasou polo Relax-Bodisol e Kaiku antes de recalar no Karpin Galicia, posteriormente denominado Xacobeo Galicia. Nas filas do equipo galego proclamouse vencedor en 2008 da Volta a Cataluña[2] e o 7 de setembro de 2009 gañou a 9ª etapa da Vuelta a España en solitario; con 21 segundos de diferenza sobre Marco Marzano tras un duro ataque. En 2009 correu tamén o Giro de Italia. Por mor da repentina desaparición do equipo a finais do 2010, Veloso non tivo tempo a encontrar un equipo para a tempada 2011, polo que estivo un ano e medio sen competir.[3] En 2012 volveu ao pelotón nas filas do Andalucía. Con todo, tamén o equipo andaluz desapareceu a comezos de 2013, polo que acabou fichando polo equipo portugués OFM-Quinta da Lixa.[4] Ese mesmo ano gañou unha etapa da Volta a Portugal e rematou segundo na xeral final, só por detrás do seu compañeiro Alejandro Marque. A finais de ano renovou contrato co equipo.[4]

En 2014 gañou outra tirada da Volta a Portugal e proclamouse vencedor final da Volta na chegada a Lisboa.[5] Ao ano seguinte gañou de novo a Volta a Portugal, conseguindo ademais dúas vitorias de etapa.[2] En 2016 gañou tres tiradas pero só puido ser subcampión, a máis dun minuto e medio do seu compañeiro Rui Vinhas.[6] En 2017 conseguiu dúas novas vitorias de etapa na Volta a Portugal e en 2018 gañou unha na Volta ó Alentexo. No ano 2019 quedou terceiro na Volta a Portugal e en 2020 volveu quedar segundo, despois de gañar as dúas contra o reloxo.[7]

O ano 2021 fichou polo Atum General-Tavira, equipo portugués de categoría Continental. Se ben esa tempada non logrou ningunha vitoria, resultou decisivo para que o seu compañeiro Alejandro Marque conquistase a etapa raíña da Volta a Portugal, con final na Torre. Nesa etapa Veloso tirou do grupo en que ía o seu compañeiro para anular unha fuga. Cando o compañeiro demarrou, Veloso secou a todos os seus rivais, impedindo que o puidesen alcanzar. Marque alzaríase co liderado da Volta nesa etapa e remataría finalmente terceiro na xeral.[8]

Director deportivo editar

No ano 2022 iniciou a súa carreira como director deportivo, nas filas do equipo portugués Tavfer-Mortágua-Ovos Matinados, de categoría Continental. O inicio da tempada foi bastante exitoso, con vitorias na Prova de Abertura Região de Aveiro, na clasificación da montaña da Volta ao Alentejo e a vitoria na 3ª etapa da Volta ao Algarve.[9]

Equipos como profesional editar

Palmarés editar

2001 editar

2002 editar

  • 14º no C. T. T. Correos.
  • 16º no trofeo Abimota.

2003 editar

2004 editar

2005 editar

2006 editar

2008 editar

2009 editar

2013 editar

2014 editar

2015 editar

2016 editar

2017 editar

2018 editar

2019 editar

2020 editar

  • 2º na Volta a Portugal.
  • Gañador de dúas etapas (contra o reloxo) da Volta a Portugal.

Notas editar

  1. Héctor Pena (13 de setembro de 2023). "Gustavo César Veloso: "O meu maior triunfo foi a xeral da Volta a Catalunya"". Nós Diario. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Veloso conquista Portugal: “Hay que amar la Volta para disputarla” (Vídeo y fotos)" (en castelán). 10 de agosto de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  3. "César Veloso vuelve al ruedo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Veloso renueva con el equipo luso OFM Valongo". Diario de Arousa (en castelán). 29 de novembro de 2013. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  5. "Veloso gana la Vuelta a Portugal 2014" (en castelán). 11 de agosto de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  6. "Rui Vinhas se lleva la Vuelta a Portugal y Gustavo Veloso la contrarreloj final" (en castelán). 7 de agosto de 2016. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  7. "Veloso, segundo na Volta a Portugal tras gañar a contrarreloxo de Lisboa". Nós Diario. 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  8. "Alejandro Marque voltou a brilhar no Alto da Torre". 07/08/2021. Consultado o 19/03/2022. 
  9. "Volta ao Alentejo: O diretor Gustavo Veloso prefere dizer que ainda está a aprender". Record (en portugués). 16/03/2022. Consultado o 19/03/2022. 
  10. "Veloso gaña a Volta a Cataluña na última etapa" Arquivado 26 de maio de 2008 en Wayback Machine. Artigo en www.anosaterra.org, 25 de maio de 2008.
  11. "Veloso logra unha vitoria monumental en Catí". Diario de Pontevedra. 2009-09-07. Consultado o 2022-12-06. 
  12. Veloso se lleva la etapa reina
  13. "Gustavo César Veloso gaña a Volta a Portugal". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 05 de outubro de 2014. 
  14. "Gustavo César Veloso gaña a CRI e é o virtual vencedor da Volta a Portugal". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 05 de outubro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar