Gustave Doré, nado en Estrasburgo o 6 de xaneiro de 1832 e finado en París o 23 de xaneiro de 1883, foi un ilustrador e pintor francés. A súa valía foi recoñecida internacionalmente durante a súa vida.

Gustave Doré
Nome completoPaul Gustave Louis Christophe Doré
Nacemento6 de xaneiro de 1832 e 6 de xaneiro de 1833
Lugar de nacementoEstrasburgo
Falecemento23 de xaneiro de 1883
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Gustave Doré
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterLycée Charlemagne
Ocupaciónpintor, ilustrador, caricaturista, artista de banda deseñada, litógrafo, artista gráfico, gravador e escultor
Coñecido porAndromeda, Enigma e Les Saltimbanques
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Oficial da Lexión de Honra, Knight Commander of the Order of Carlos III e Cabaleiro da Orde dos santos Mauricio e Lázaro
Na rede
Musicbrainz: 8a472a6b-9b4c-4091-8afc-936e03d60698 Discogs: 2166623 Find a Grave: 7477319 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Gustave Doré por Nadar, 1867.

Traxectoria editar

 
Galego bailando, ca. 1874.

Fillo dun enxeñeiro de Camiños, comezou a deseñar aos trece anos as primeiras litografías. Un ano despois, publicouse o seu primeiro álbum: Les travaux d'Hercule (Os traballos de Hércules). Aos quince anos, Gustave Doré é enrolado como caricaturista no Journal pour rire (Xornal para rir) de Charles Philipon. No mesmo ano, en 1848, estréase no famoso Salón con dous deseños á pluma. En 1849, no pasamento do pai, xa é moi coñecido con tan só dezaseis anos. Vive entón preto da mai. A partir de 1851, ao tempo que expón os seus lenzos, realiza tamén algunha escultura de tema relixioso e colabora con diversas revistas como o Journal pour tous (Xornal para todos). En 1854, o editor Joseph Bry publica unha edición das obras de François Rabelais, ilustrada cunha centena das súas gravuras. Entre 1861 e 1868, ilustra A Divina Comedia de Dante.

De cada máis recoñecido, ao tempo autodidacta e exuberante, Gustave Doré ilustrará entre 1852 e 1883 máis de cento e vinte volumes que non só aparecerían en Francia, senón tamén en Inglaterra, na Alemaña e Rusia. Gustave Doré influirá en numerosos ilustradores.

Como pintor realizaría as súas obras principais : L'Enigme (O Enigma) (Museo de Orsay) e Le Christ quittant le prétoire (Ecce Homo) (1867-1872), un cadro de 6 metros de alto e 9 metros de ancho Museo de arte moderna e contemporánea de Estrasburgo.

En 1931, Henri Leblanc publicou un catálogo razoado que recolle 9.850 ilustracións, 68 títulos de música, 5 carteis, 51 litografías orixinais, 54 aguadas, 526 deseños, 283 acuarelas, 133 pinturas e 45 esculturas.

Obras ilustradas por Gustave Doré editar

Gustave Doré ilustrou máis de cen obras mestras da literatura universal

Galería de ilustracións editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Renonciat, Annie (1983). La vie et l'oeuvre de Gustave Doré (en francés). París: ACR Edition. ISBN 2867700000. 
  • Annie Renonciat, Gustave Doré, París, A.C.R., 1983.