Gumersindo Rodríguez Casales

chofer e político galego

Gumersindo Rodríguez Casales, nado na Picoña (Salceda de Caselas) en abril de 1886 e finado en Tui o 21 de outubro de 1936,[1] foi un chofer e político galego.

Infotaula de personaGumersindo Rodríguez Casales
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
A Picoña, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónchofer , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi secretario da Federación Agraria de Ponteareas. Marchou a Buenos Aires en novembro de 1919.[2] Cando retornou, mercou en 1925 unha camioneta para dedicarse ao transporte de mercancías e viaxeiros.[3] Mercou unha nova camioneta con Serafín Fernández Vaqueiro en febreiro de 1930.[4] Foi secretario da sociedade de agricultores e canteiros "Solidaridad" de San Xurxo de Salceda e militou na CNT. En xuño de 1934 foi elixido vice-secretario da agrupación de Izquierda Republicana de Salceda de Caselas.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido nos primeiros días de agosto con Venancio Pérez Lemos por unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas. Xulgados por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Vigo o 12 de outubro, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Tui o 21 de outubro de 1936.

Notas editar

  1. Carta aberta a Gumersindo Rodríguez Casales, o meu bisavó
  2. El Tea, 23-11-1919, p. 3.
  3. El Uma, 4-6-1925, p. 4.
  4. El Tea, 13-2-1930, p. 2.
  5. Tribuna, 1-7-1934, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar