Guitarricadelafuente

cantautor español


Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente[1], é un cantautor, compositor e músico español.

Infotaula de personaGuitarricadelafuente

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alvaro Lafuente Calvo Editar o valor em Wikidata
27 de agosto de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Benicàssim, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGuitarricadelafuente Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Spain Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5783070 Instagram: guitarricadelafuente Musicbrainz: 68416724-6cc4-41ee-b81c-1ce169c00f03 Songkick: 10071334 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Álvaro Lafuente comezou a súa carreira nas redes sociais, onde realizaba versións de artistas. En abril de 2018, publicou a súa primeira canción orixinal, «El conticinio», gravada na súa casa co micrófono do xogo Singstar, e compartiuna en plataformas coma YouTube ou Spotify.

En 2022 a súa versión da canción «A mi manera» («My way») foi a banda sonora do spot publicitario da marca de cervexa Turia.

O 6 de maio de 2022 saíu o seu primeiro álbum, La Cantera, un disco no que se combian diferentes estilos de música tradicional entre os que se atopan a rumba, a vidalita ou o flamenco, entre outros. Segundo palabras de Álvaro, os seus referentes beben da música tradicional e grandes artistas coma Caetano Veloso ou Chavela Vargas. Na canción do álbum «La Algarabía» conta coa colaboración das Tanxugueiras coma coristas.

Vida persoal editar

Malia nacer en Benicàssim, Álvaro Lafuente ten numerosas raíces familiares con Aragón, especialmente coa provincia de Teruel. Las Cuevas de Cañart, vila mencionada na canción «Guantanamera», foi o seu lugar de residencia nos veráns da súa xuventude, e lugar onde proviñan varios antepasados. Álvaro Lafuente afirmou en varias entrevistas estar concienciado coa problemática da despoboación, un dos temas principais do disco La Cantera. En 2021 protagonizou un episodio dos catro que forman Una historia, una canción en Movistar +, presentado por Zahara, e que abordou a despoboación e o avellentamento da comarca do Maestrazgo[2].

Álvaro Lafuente saíu do armario en 2022 ao definirse a si mesmo, nunha entrevista coa revista Shangay, coma gai.[3]

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Sinxelos editar

  • «El Conticinio» (2018)
  • «Guantanamera» (2018), versión en acústico (2020) con Silvana Estrada.
  • «Nada será igual» (2018), tema principal da película homónima.
  • «Catalina» (2018), versión da canción de Manuel Vallejo.
  • «Sixtinain» (2018)
  • «Nacido pa ganar» (2019)
  • «Agua y mezcal» (2019)
  • «ABC» (2019)
  • «Desde las alturas» (2020)
  • «Ya mi mama me decía» (2020)
  • «Mil y una noches» (2021)
  • «Vidalita del mar» (2022)
  • «Quien encendió la luz» (2022)

Colaboracións editar

Notas editar

  1. "40 cosas de Guitarricadelafuente". Los 40. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  2. "Zahara y Guitarricadelafuente viajan a Teruel en 'Una historia, una canción'". 11 de febreriro de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  3. "Guitarricadelafuente: "No he tenido la necesidad de salir del armario públicamente".". Shangay.com. Consultado o 26 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar