Guilty é o noveno álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, publicado o 1 de xaneiro do ano 2008 baixo o selo da discográfica avex trax e producido por Max Matsuura. A propia cantante escribiu tódalas letras do álbum, que chegou a vender máis de 400.000 copias nas súas dúas primeiras semanas. Alcanzou a sétima posición na United World Chart na súa primeira semana e se mantivo na terceira posición durante a segunda. Dúas semanas despois do seu lanzamento, avex anunciou que se enviaran 750.000 copias do álbum as tendas.

Guilty
Álbum de Ayumi Hamasaki
Gravación2007
Duración56 min
Xénero(s)J-Pop
Selo(s)avex trax
Producido porMax Matsuura
Cronoloxía
A Best 2 Guilty Ayu-mi-x 6 -Gold-

Información editar

Guilty vendeu máis de 202.000 copias durante a súa primeira semana, e combinando as vendas totais da primeira e da segunda, situaron o álbum na segunda posición con 432.113 copias vendidas. Esta foi a primeira vez que Ayumi Hamasaki ten vendas tan baixas nas súas primeiras semanas cun álbum de estudio, xa que sempre debutou na primeira posición. Kobukuro superou así á cantante en 22.488 vendas. Aínda que só chegou a ser segundo, Guilty conseguiu debutar en primeira posición nas listas de Taiwán cun 39,78% do total das vendas de J-Pop e 6,7% do total da música na súa primeira semana. Foi editado en dúas versións, unha versión CD+DVD e outra con unicamente un CD. Ademais, as copias iniciais puxéronse á venda cun álbum de fotos limitado. A versión CD+DVD inclúe os vídeos dende "Glitter" ata "Together when...", así como os “makink of”. Aínda que a data de saída do disco era o 1 de xaneiro de 2008, comezou a venderse unha semana antes (o 25 de decembro).

Promoción editar

En decembro de 2007, Hamasaki actuou en directo dez veces en programas xaponeses. A canción que se promocionou foi "Together When...". Por outra parte, Ayumi Hamasaki apareceu en portada oito veces en diversas revistas: "Sweet", "Voce", "Bea’s Up", "Vivi", "Popteen", "Cawaii", "S Cawaii" e "Tokyo Headline". Así mesmo, a finais de decembro colocáronse bastante carteis e pósteres en Shibuya (Toquio) promocionando Guilty.

Lista de temas editar

CD editar

# Título Duración
1. "Mirror" 1:58
2. "(don't) Leave me alone" 4:18
3. "talkin' 2 myself" 4:56
4. "decision" 4:22
5. "Guilty" 4:35
6. "fated" 5:36
7. "Together When..." 5:14
8. "Marionette -prelude-" 1:15
9. "Marionette" 4:37
10. "The Judgement Day" 1:41
11. "glitter" 4:55
12. "My All" 5:27
13. "reBiRTH" 1:40
14. "untitled ~for her~" 5:35

DVD editar

# Título
1. Corto「Kyo Ai ~Distance Love~ (距愛 ~Distance Love~, Kyo Ai ~Distance Love~)(glitter/fated)
2. talkin’2 myself (videoclip)
3. decision (videoclip)
4. Together When... (videoclip)
5. Marionette (videoclip)
6. (don't) Leave me alone (videoclip)
7. glitter (making clip)
8. fated (making clip)
9. talkin' 2 myself (making clip)
10. decision (making clip)
11. Together When... (making clip)
12. Marionette (making clip)
13. (don't) Leave me alone (making clip)

Posición nas listas editar

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
1 de xaneiro, 2008 Oricon Daily Charts #1
1 de xaneiro, 2008 Oricon Weekly Charts #2 432,113 568,288 16
1 de xaneiro, 2008 Oricon Monthly Charts #2
1 de xaneiro, 2008 Oricon Yearly Charts

Vendas en formato físico e posición editar

Singles editar

Lanzamento Título Máxima posición Semanas Vendas Descargas
18 de xullo de 2007 "Glitter/Fated" #1 11 166,203 600,000
19 de setembro de 2007 "Talkin' 2 Myself" #1 10 110,628 540,000
5 de decembro de 2007 "Together When..." #1 13 - 3,312,541

Vendas acumuladas dos singles: 276,831

Vendas acumuladas dos singles e do álbum: 845,119

Descargas totais: 4,452,541

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 01 de decembro de 2008. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 01 de decembro de 2008. 
  3. "Japanese Chart". HMV Hong Kong. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 01 de decembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar