Guillerme II dos Países Baixos

Non confundir con Guillerme II de Orange-Nassau.

Guillerme II dos Países Baixos (orixinariamente en neerlandés: Willem Frederik George Lodewijk van Oranje-Nassau), nado na cidade surholandesa da Haia o 6 de decembro de 1792 e finado en Tilburg, na provincia do Brabante do Norte, o 17 de marzo de 1849, foi príncipe de Orange, gran duque de Luxemburgo e o segundo rei dos Países Baixos.[1][2]

Infotaula de personaGuillerme II dos Países Baixos

(1849) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1792 Editar o valor em Wikidata
A Haia, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1849 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Tilburg, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIgrexa nova de Delft Editar o valor em Wikidata
Gran duque de Luxemburgo
7 de outubro de 1840 – 17 de marzo de 1849
← Guillerme I dos Países BaixosGuillerme III dos Países Baixos →
King of the Netherlands (en) Traducir
7 de outubro de 1840 – 17 de marzo de 1849
← Guillerme I dos Países BaixosGuillerme III dos Países Baixos → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAcademy Palace (en) Traducir (1828–1830) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónChrist Church College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e militar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar , xuíz , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militarmarechal de campo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Orange (1815–1840)
Prince of the Netherlands (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAna Pavlovna da Rússia (1816 (Xuliano), 1816–1849)
FillosGuillerme III dos Países Baixos, Ernest Casimir dos Países Baixos (pt) Traducir, Hendrik van Oranje-Nassau, Alexander van Oranje-Nassau, Sofia dos Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuillerme I dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata  e Guilhermina da Prússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrederico dos Países Baixos (pt) Traducir, Paulina de Orange-Nassau (pt) Traducir e Mariana dos Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Oranje-Nassau-5 Find a Grave: 10296 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia, mocidade e educación editar

Cando Guillerme tiña tres anos, el e a familia Orange-Nassau fuxiron a Inglaterra, despois de que os exércitos aliados de Mercenarios británico-hannoverianos abandonasen, derrotados, os Países Baixos, deixando paso así ás tropas revolucionarias de Francia, que se uniron aos patriotas neerlandeses contrarios aos Orange. Guillerme pasou a súa mocidade no exilio, en Berlín e na corte prusiana. Alí comezou unha educación militar e serviu no exército prusiano. Posteriormente estudou na Universidade de Oxford.

Servizo militar editar

 
Guillerme II de a cabalo, por Nicaise de Keyser, 1846

A continuación da súa educación militar produciuse no exército británico. En 1811, como axuda de campo de Arthur Wellesley, duque de Wellington, participou en varias campañas na Península Ibérica contra os exércitos de Napoleón Bonaparte. Durante a Batalla de Vitoria, o 21 de xuño de 1813, Guillerme mandaba unha unidade de cabalaría, a primeira de Húsares alemáns. Cos franceses xa en aberta retirada, Guillerme recibiu a orde de Wellingon de entrar na cidade, expulsar os franceses e pechar os accesos para impedir saqueos, mesmo das tropas aliadas. Regresou aos Países Baixos ese mesmo ano, cando o seu pai tomou posesión novamente como príncipe soberano.

En 1815 Guillerme converteuse en príncipe coroado e uniuse ao exército do seu país cando Napoleón Bonaparte escapou do seu confinamento na illa de Elba. Loitou como comandante das tropas belgas e holandesas na Batalla de Quatre Bras (16 de xuño) e na Batalla de Waterloo (18 de xuño), onde resultou ferido. Amosou gran valor e enerxía persoal, pero con frecuencia demostrou un xuízo militar desastroso e as súas estratexias ocasionaron moitas baixas innecesarias. O Duque de Wellington atribuíu a súa estratexia á falta de experiencia no mando, aínda que non o consideraba un mal líder.

 
Guillerme rodeado pola multitude, durante a Revolución Belga de 1830

O seu papel en Bélxica editar

O príncipe Guillerme gozaba de gran popularidade tanto en Bélxica como nos Países Baixos, por mor da súa afabilidade e a súa moderación, e en 1830, co estoupido da Revolución de Bélxica, realizou un grande esforzo diplomático por alcanzar un acordo entre as faccións enfrontadas, ofrecendo autonomía administrativa ás provincias do sur dos Países Baixos e mantendo a soberanía da Casa de Orange-Nassau. Con todo, os seus esforzos foron entorpecidos pola actitude do seu pai, o rei Guillerme I dos Países Baixos, que rexeitou os termos do acordo, o que tamén xerou tensións entre pai e fillo.

En abril de 1831 dirixiu unha campaña militar de dez días en Bélxica, que foi rexeitada cara ao norte pola intervención de Francia. A diplomacia europea terminou recoñecendo a secesión de Bélxica do Reino dos Países Baixos, que estableceu a Leopoldo I no trono do novo país. Finalmente, Bélxica e os Países Baixos alcanzaron a paz en 1839.[3]

Rei dos Países Baixos editar

O 7 de outubro de 1840, tras a abdicación do seu pai, o príncipe accedeu ao trono como Guillerme II. En contraste co carácter conservador e remiso ás reformas do seu pai, o novo monarca interveu menos na política nacional. A axitación popular crecía demandando maiores reformas constitucionais e unha ampliación electoral. Aínda que persoalmente a súa ideoloxía tendía cara ao conservadorismo, ante as demandas populares actuou con moderación, realizando algunhas concesións.

En 1848 estouparon varios movementos revolucionarios por toda Europa. En París, a dinastía de Borbón-Orleáns foi derrocada. Guillerme II temeu que estalase a revolución en Ámsterdam, Unha mañá espertou e dixo: “Cambiei de conservador a liberal nunha noite”. Deu ordes para crear unha nova constitución que incluíse o Eerste Kamer (Senado), que sería elixido indirectamente polos Estados Provinciais, e o Tweede Kamer (Parlamento), que sería elixido directamente mediante sufraxio. O sistema e os distritos electorais foron reformados e mantivéronse ata 1917, momento en que se instaurou o sufraxio universal e os distritos electorais foron substituídos por listas políticas. A constitución segue en vigor na actualidade.[4]

Guillerme II xurou o primeiro Goberno parlamentario neerlandés uns poucos meses antes da súa morte en Tilburg, no Brabante Setentrional, o 17 de marzo de 1849. Os seus restos mortais descansan na cripta real da Igrexa Nova da cidade surholandesa de Delft.[5]

Familia editar

Devanceiros editar

Guillerme era fillo do rei Guillerme I dos Países Baixos e da raíña Guillermina, princesa de Prusia. Os seus avós maternos eran Frederico Guillerme II de Prusia e a súa segunda esposa, Frederica Luísa de Hesse-Darmstadt.

 
Retrato de Guillerme II con Ana Pavlovna, por Jan Willem Pieneman, 1816

Casamento editar

En 1814 Guillerme comprometeuse brevemente coa princesa Carlota Augusta de Gales, a única filla do príncipe rexente (posteriormente Xurxo IV do Reino Unido) e da súa esposa Carolina de Brunswick. O acordo matrimonial fora preparado polo príncipe rexente, pero rompeu porque Carlota se negou persoalmente a casar con Guillerme.

O 21 de febreiro de 1816 Guillerme casou coa gran duquesa Ana Pavlovna, a irmá máis nova do tsar Alexandre I de Rusia, que preparou o matrimonio para consolidar as boas relacións entre Rusia e os Países Baixos tras a caída de Napoleón. O 17 de febreiro de 1817 naceu o seu primeiro fillo, Guillerme Alexandre (o futuro Guillerme III dos Países Baixos) en Bruxelas, onde a parella vivía durante esta época.

Descendencia editar

 
O rei Guillerme II coa súa familia, por Jan Baptist van der Hulst, 1832. De esquerda a dereita: Guillerme, Alexandre, o monarca e a súa consorte, Sofía e Henrique.

Guillerme II e a Raíña Ana Pavlovna tiveron cinco fillos:

  • O príncipe Guillerme dos Países Baixos (1817-1890), máis tarde rei Guillerme III dos Países Baixos (1849-1890).
  • O príncipe Alexandre dos Países Baixos (1818-1848).
  • O príncipe Henrique dos Países baixos, “O Navegante” (1820-1879).
  • O príncipe Ernesto Casimiro dos Países Baixos (1822).
  • A princesa Sofía dos países Baixos (1824-1897).[6]


Predecesor:
Guillerme I
 
Rei dos Países Baixos

1840 - 1849
Sucesor:
Guillerme III

Notas editar

  1. "Koning Willem II (1792-1849)", En AbsoluteFacts.nl (en neerlandés)
  2. "William II, King of the Netherlands". En Encyclipaedia Britannica (en inglés)
  3. J. S. Fishman. Diplomacy and revolution, the London conference of 1830 and the Belgian revolt. Amsterdam, 1988. ISBN 90-5068-003-8 (en inglés)
  4. "Willem, II Willem Frederik George Lodewijk". En Blok, P.J.; Molhuyen, P.C. Nieuw Nederlandsch biografisch woordenboek. 1911 (en neerlandés)
  5. "Cripta Real Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Na web oficial da Igrexa Nova de Delft (en castelán)
  6. Xenealoxía de Guillerme II dos Países Baixos (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Volkmann, Jean-Charles. Généalogies des rois et des princes d'Europe. Gisserot. 1998. ISBN 2877473740 (en francés)
  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. ISBN 978-0-52134-525-5 (en inglés)

Ligazóns externas editar