Guilhermina Suggia

violonchelista portuguesa

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia, nada en Porto o 27 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 30 de xuño de 1950, foi unha violoncellista portuguesa.

Guilhermina Suggia
Nome completoGuilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia
Nacemento27 de xuño de 1885 e 21 de xuño de 1885
Lugar de nacementoPorto
Falecemento30 de xullo de 1950
Lugar de falecementoPorto
Causacancro
NacionalidadePortugal e Reino de Portugal
Alma máterEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Ocupaciónvioloncellista
CónxuxeJosé Casimiro Carteado Mena
PremiosComendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada e Grande-Oficial da Ordem Militar de Cristo
Na rede
Musicbrainz: 8a06e579-261d-42ed-8539-1470dacd10ef Discogs: 2487971 Allmusic: mn0001689243 WikiTree: Xavier_Medim_Suggia_Carteado_Mena-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violoncellista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Actuou no Teatro Odeón de Vigo o 14 e 15 de abril de 1924[1].

Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.

Retrato editar

Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.

Recoñecemento editar

A sala de concertos da Casa da Música do Porto leva o seu nome.[2]

Notas editar

  1. "El último concierto de la Suggia". Galicia. 16 de abril de 1924. 
  2. Costa, Xoán. "A muller que colocaba o instrumento entre as pernas, por Xoán Costa". Sermos Galiza. Consultado o 5 de xullo de 2019.