Guerra romanesa de independencia

A Guerra de independencia de Romanía tivo lugar en 1877 contra o Imperio Otomán. O 16 de abril de 1877 Romanía e mailo Imperio ruso asinaron un tratado en Bucarest que autorizaba ás tropas rusas cruzar terra romanesa, coa condición de que Rusia respectase a integridade de Romanía coma estado independente. A mobilización comezou e, ao redor de 120.000 soldados foron congregados no sur do país para defender un posible ataque das tropas otomás dende o sur do Danubio. O 24 de abril, Rusia declaroulle a guerra ao Imperio Otomán e as súas tropas entraron en Romanía.

Independenţa României (filme de 1912).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar