Guerra de Esmalcalda

A Guerra de Esmalcalda (en alemán: 'Schmalkaldischer Krieg') refírese a un período de violencia que tivo lugar entre 1546 e 1547 entre as forzas do emperador Carlos V do Sacro Imperio Romano-Xermánico, comandadas por Fernando Álvarez, duque de Alba, e a Liga de Esmalcalda, formada por estados alemáns dentro do Imperio.

Guerra de Esmalcalda

Carlos V, pintado por Tiziano,

representado na batalla de Mühlberg

Data 1546-1547
Lugar Sacro Imperio Romano-Xermánico
Resultado Vitoria de Carlos V

Causas editar

Foi desencadeada como unha das consecuencias da Reforma Protestante e as posteriores disputas político-relixiosas que dominaron Europa no século XVI, cando os estados católicos tentaban suprimir as novas nacións luteranas.

Consecuencias editar

Carlos V saíu vitorioso e retirou a Xoán Federico I da súa posición de poder no Electorado de Saxonia.[1] [2]

Notas editar

  1. Oman, Charles. A History of the Art of War in the Sixteenth Century. Londres: Methuen & Co. 1937.
  2. Smith, Henry Preserved (1920). The Age of the Reformation. New York. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.