Guerra Ruso-Turca (1768-74)

A guerra ruso-turca, transcorrida de 1768 ata 1774, foi unha guerra que se desenvolveu entre o Imperio Ruso e o Imperio Otomán.

Alegoría da vitoria de Catarina sobre os turcos de Stefano Torelli (1772)

Desenvolvemento editar

A guerra xurdiu como unha consecuencia inesperada da tensa situación que se vivía no Reino de Polonia, onde un grupo de nobres se rebelara contra o goberno do rei Estanislau II, antigo amante da emperatriz Catarina II de Rusia. Estes nobres, reunidos na denominada Confederación de Bar, atacaban as tropas rusas despregadas en Polonia retirándose despois aos países veciños para protexerse das represalias. En 1768 un grupo de cosacos ao servizo de Rusia perseguiu a unha destas bandas ata a cidade de Balta, no Khanato de Crimea prendéndolle lume á cidade, o khanato, vasalo otomán pediu axuda ao sultán Mustafá III e este declarou a guerra a Rusia o 25 de setembro de 1768. Pola súa banda Rusia tiña o apoio de Gran Bretaña e dos rebeldes gregos, o que lle garantía acceso sen problemas ao Mediterráneo, permitíndolle gañar o control do Khanato de Crimea, que se estendía polo sur de Ucraína, o Cáucaso Norte e Crimea e que resultou en que ese territorio pasase á órbita rusa e con el o acceso ruso ao Mar Negro. A pesar que os rusos acadaron vitorias substanciais, iso non se reflectiu nun grande aumento do territorio do Imperio, debido ás reticencias dos grandes estados europeos a que alterase o balance de poder na rexión, pero a febleza do Imperio Otomán, a fin da Guerra dos Sete Anos e a fin da hexemonía militar de Francia no continente[1] permitíronlle ao Imperio Ruso coller vantaxe na escena europea. Para o Imperio Otomán supuxo o devalo da súa influencia nos asuntos europeos e deu comezo Cuestión Oriental que se estendería ata a fin do Imperio no século XX.

Notas editar

  1. Schroeder, Paul W. (1994). The Transformation of European Politics 1763–1848. New York: Oxford University Press. p. 35. ISBN 0198221193.