A guajira ou guaxira, termo que significa campesiña, é un xénero musical orixinario da rexión oriental de Cuba, de tema campesiño.

Características editar

Atribúese decote a paternidade deste xénero ao compositor Jorge Ankerman, grazas á súa composición El reguero que murmura. Na guaxira alternan os ritmos de tres por catro e seis por oito. A súa primeira parte escríbese en modo menor, e a segunda en maior. Conclúe sempre sobre a dominante do ton en que está composta.