Gu Shi (chinés simplificado: 顾适; pinyin: Gù Shì), nada en 1985, é unha escritora de ficción especulativa e planificadora urbanística chinesa.[1]

Infotaula de personaGu Shi
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , urbanista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse na Universidade Tongji de Shanghai e realizou un máster en planificación urbana na Academia China do Deseño e Planificación Urbanística. Desde 2012 traballa como investigadora no Instituto de Deseño Urbanístico desta academia.

Obra editar

Gu Shi leva publicados relatos desde 2011 en revistas como Super Nice, Science Fiction World, Mystery World e SF King. Entre as súas obras destacan ≪Chimera≫, galardoada a mellor relato curto do premio Xingyun en 2016, ≪Memory of Time≫ e ≪Reflexo≫. En 2014 foi así mesmo finalista do premio Xingyun na categoría de Mellor Novo Escritor. Foi traducida ao inglés nas súas obras premiadas e nomeadas. Actualmente traballa na súa primeira novela The Reign of Eternal Delight, unha historia alternativa ambientada na corte da emperatriz Wu Zeitan. Reflexo é considerada literatura experimental, o relato de ciencia ficción explora o concepto da omnisciencia por parte de investigadores de psicoloxía dun futuro próximo. [2] [3]

Notas editar

  1. "SFE: Gu Shi". sf-encyclopedia.com. Consultado o 2023-12-04. 
  2. https://www.xprize.org/about/people/gu-shi
  3. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 351–. ISBN 978-84-9181-924-0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 顾适 (La literatura china traducida en España)