Grupo Memphis

grupo de deseño, movemento artístico

O Grupo Memphis, tamén coñecido como Memphis Milano, foi un grupo italiano de deseño e arquitectura fundado por Ettore Sottsass. Estivo activo desde 1980 ata 1987. O grupo deseñou mobles posmodernos, iluminación, tecidos, alfombras, cerámica, vidro e obxectos metálicos.

Colección de mobilario do Grupo Memphis

O traballo do Grupo Memphis adoita incorporar materiais plásticos laminados e terrazo e caracterizouse por un deseño efémero con decoración colorida e abstracta, así como formas asimétricas, ás veces aludindo arbitrariamente a estilos e deseños exóticos ou anteriores.[1]

Historia editar

 
Ettore Sottsass e Fernanda Pivano na súa casa en Milán (1969)

Memphis naceu na noite do 11 de decembro de 1980, cando Sottsass convidou a un grupo de mozos deseñadores e arquitectos para discutir o futuro do deseño. Xuntos, querían cambiar o concepto no que se centrara o deseño, que fora o Modernismo e pretendían facelo creando e formando un novo colectivo de deseño. Despois da súa primeira reunión, o grupo marchou a facer unha chuvia de ideas e conceptos e, tres meses despois, volveu reunirse dispostos a compartir máis de cen debuxos que elaboraran durante ese tempo.[2]

O nome de "Memphis" xurdiu durante o seu primeiro encontro cando o disco de Bob Dylan " Stuck Inside of Mobile with the Memphis Blues Again " estivera soando repetidamente no fondo.[3] Para Sottsass, o nome "Memphis" representaba dúas cousas: unha cidade en Tennessee e a capital do Antigo Exipto. O grupo de deseñadores, entón, continuou adiante e utilizou a ambigüidade detrás do nome "Memphis" para representar e simbolizar as súas ambiguas filosofías de deseño de mobles, obxectos e téxtiles. No caso de Sottsass en concreto, mostrou un gran interese polo gusto da clase media, as tradicións do Terceiro Mundo e Oriente e a natureza.[4]

Sottsass deixou o grupo en 1985 para centrarse na súa firma de deseño e arquitectura, Sottsass Associati,[5] e o grupo acabou por disolverse en 1987.

Impacto editar

Os coloridos mobles de Memphis foron descritos como "estraños", "incomprendidos", "odiados" e comparados coa tenda xoguetes para nenos, "Fisher-Price".[6]

 
Estante para libros Carlton de Ettore Sottsass (1981)

Durante os seus anos de actividade, o grupo deseñou unha serie de mobles inconformistas. Un dos seus deseños máis populares e coñecidos é o estante para libros "Carlton", un poste totémico que incorpora unha variedade de cores brillantes, formas sólidas e ocos. A propia estrutura está construída con laminados plásticos baratos, aínda que deseñados para ser vendidos nun mercado de luxo, e incorpora unha serie de triángulos equiláteros, tanto reais como implícitos.[7]

Desde mediados dos anos 80 ata principios dos anos 90 o deseño de mobles, arquitectura, artigos para o fogar e roupa estivo moi influenciado polos deseños do grupo Memphis. As empresas de surf, skate, esquí e BMX non tardaron en adoptar a estética nos seus deseños. Programas de televisión como Miami Vice mostraron moitos exemplos arquitectónicos.[8]

Os deseños de Memphis serviron de inspiración para o desfile de moda da colección de alta costura Christian Dior de outono/inverno 2011-2012,[9] para a colección Missoni de inverno de 2015.[10]

Entre os coleccionistas de Memphis máis notables atopáronse o deseñador de moda Karl Lagerfeld[11] e o músico David Bowie.[12] Despois da morte de Bowie en 2016, parte da súa colección, incluídas as pezas que posuía do Grupo Memphis, foi poxada nunha poxa de Sotheby's.[13]

Un estilo de ilustración "plano, xeométrico e figurativo" "normalmente composto por cores sólidas", popular a finais da década de 2010, especialmente entre as empresas emergentes, foi denominado "Corporate Memphis" pola Wired Magazine pola súa semellanza cos deseños de Memphis.[14]

Galería editar

Notas editar

  1. "How the Memphis Movement Went Against “Good Taste” To Inspire Designers Today". mymodernmet.com. Consultado o 2018. 
  2. "Memphis Group: awful or awesome?". designmuseum.org. Consultado o 2021. 
  3. "History". memphis-milano. 
  4. Rewald, Sabine; Hambourg, Maria Morris (1993). "Twentieth Century". The Metropolitan Museum of Art Bulletin 51 (2): 62–83. ISSN 0026-1521. JSTOR 3269024. doi:10.2307/3269024. 
  5. "What You Need to Know about Design Icon Ettore Sottsass". artsy.net. Consultado o 2021. 
  6. "Collectors give '80s postmodernist design 2nd look". sfgate.com. Consultado o 2012. 
  7. Adlin, Jane; Goss, Jared D. (1998). "Twentieth Century". The Metropolitan Museum of Art Bulletin 56 (2): 61–68. ISSN 0026-1521. JSTOR 3269046. doi:10.2307/3269046. 
  8. Klickstein, M.; Summers, M. (2013). Slimed!: An Oral History of Nickelodeon's Golden Age. Penguin Publishing Group. ISBN 978-1-101-61409-9. 
  9. "Christian Dior shows first haute couture collection since John Galliano sacking". theguardian.com. Consultado o 2011. 
  10. "Missoni Fall 2015 Ready-to-Wear Collection". vogue.com. Consultado o 2019. 
  11. "Love it or loathe it?". theguardian.com. 
  12. "David Bowie's private art collection to be unveiled for the first time". theguardian. Consultado o 2016. 
  13. "Bowie/Collector Part III: Design: Ettore Sottsass and the Memphis Group". sothebys.com. Consultado o 2017. 
  14. "Why does every advert look the same? Blame Corporate Memphis". wired.co.uk.