Coordenadas: 43°20′57″N 8°24′31″O / 43.34917, -8.40870

Grupo Losán é un grupo de empresas galegas do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiro de madeira creada en Curtis. O nome da empresa é un acrónimo dos apelidos da familia dos fundadores da empresa: López Sánchez.

Losán

Aserpal, Losán (Vilasantar)
TipoSociedade Limitada
Fundación1964
LocalizaciónRúa Casares Quiroga, 9 15009 A Coruña Galicia Galicia
FundadorManuel, Luis e Emilio López Sánchez
IndustriaMadeira Forestal
ProdutosChapa de madeira
Taboleiro
Beneficio30 437 876 € (en 2016)
Número de empregados1700
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Fundada polos irmás Manuel, Luis e Emilio López Sánchez en 1967 na localidade galega de Curtis como unha carpintería, os primeiros anos son de lento crecemento. En 1990 trasladaron a sede de Curtis á cidade da Coruña.

O grupo de empresas tivo un crecemento continuo dende a súa creación ata finais da primeira década do século XXI, chegando a ter 18 empresas distintas en 10 países, cun total de 1700 empregados. No ano 2009 a crise económica internacional afectoulle significativamente, tendo que pechar varias das empresas e entrando en varios ERE (expedientes de regulación de emprego). Na actualidade, ten fábricas en España (Curtis, Vilasantar, Cidade Real, Soria e Cuenca), Países Baixos, Chile, Estados Unidos e Romanía.

Chapa de madeira editar

Se ben o Grupo Losán se fixo forte no sector da madeira coa produción de taboleiro aglomerado (Taboleiro de madeira), a medida que ía medrando, ía centrando os seus investimentos no sector da chapa de madeira, chegando a ser o maior produtor de España cunha capacidade de produción duns 60 millóns de m² ó ano nas súas 5 fábricas de chapa de madeira: Romanía, Curtis, Brasil (pechada na actualidade), Chile e os Estados Unidos.

Outros derivados da chapa de madeira editar

O Grupo Losán ten o seu departamento de I+D entre os concellos coruñeses de Curtis e Vilasantar onde levan anos na investigación de novos produtos, especialmente os relacionados con derivados da chapa de madeira. Os 2 produtos nos que se están centrando son a chapa tintada e a chapa precomposta, ambos produtos con produción case en exclusiva ata o momento en Italia e a China.

Produtos editar

 
Fabrica de Losán en Curtis, A Coruña.
  • Taboleiro aglomerado
    • Hidrófugo
    • Baixa densidade
  • Taboleiro de melamina
  • Rechapado
  • Paneis decorativos
  • Taboleiro recuberto de chapa de madeira
  • Chapa de madeira
  • Taboleiro de listóns

Internacionalización editar

O Grupo galego Losán ten fábricas propias en Galicia, España

  • Romanía, en 2001 e 2005
  • Chile, en 2004
  • Estados Unidos, en 2008
  • Holanda, en 2004

Exporta a máis de 40 países.

Entre os países ós que exporta atópanse: Italia, México, Turquía, Portugal, Grecia, Francia, Benelux, Alemaña.

Certificacións editar

Recoñecementos editar

En 1999 a Xunta de Galicia concedeulle á empresa a medalla de Galicia de prata.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar