Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada no Canadá en 1971, de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos[Cómpre referencia]), así como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.

Greenpeace
Logo
TipoEcoloxísta
Campo de traballoQuecemento global, Deforestación, sobrepesca, Contaminación, Organismo xeneticamente modificado e nuclear industry
Área de operaciónmundial
Data de fundación1971
Fundador(es)Irving Stowe, Dorothy Stowe, Jim Bohlen, Paul Côté, Robert Hunter e Ben Metcalfe
Director/aAyesha Imam e Norma Torres
Nº de membros3.200.000 (2017) Editar o valor em Wikidata
Nº de empregados5.898 (2021) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariaGreenpeace France, Greenpeace India, sen etiquetar, Greenpeace East Asia e Greenpeace USA
PremiosFree Your Mind e Ozone Award
SedeÁmsterdam
Na rede
https://www.greenpeace.org/international/
Facebook: greenpeace.international Twitter: Greenpeace Instagram: greenpeace VK: club66871 Youtube: UCTDTSx8kbxGECZJxOa9mIKA Musicbrainz: 8bc0359d-157a-4c9e-96bd-dd403d2b2066 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Segundo cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era de tres millóns. No mesmo ano, en España eran 85.000.

 
Acción de Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso, dona nesa altura do Exxon Valdez, naufragado nas costas de Alasca.

O obxectivo da organización é protexer e defender o medio ambiente, intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra a natureza. Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade, en contra dos transxénicos, contra a contaminación, para acabar co uso da enerxía nuclear e das armas e fomentar a paz.

Cunha oficina principal en Ámsterdan, traballa en estreita colaboración coas 44 seccións nacionais,[1] ademais de cos diferentes barcos que ten posuído, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior, afundido en 1985 polos servizos de intelixencia franceses. A toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais non acordes coa maioría dos membros representativos.

Salvando as baleas editar

Quizais as accións e imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas, e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e os cetáceos que estes querían capturar. Tras 14 anos de moratoria na caza de baleas, en setembro de 2003 o Rainbow Warrior II actuou de novo en augas de Islandia para impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar coa industria baleeira.

A finais do 2005 dous barcos da frota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi interceptar a frota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente o Santuario Baleeiro da Antártida.

Notas editar

  1. (en inglés) «The campaign group: Greenpeace» BBC News. Consultado el 1 de marzo de 2015.

Véxase tamén editar

Ecoloxía

Ligazóns externas editar