Granulomatose broncocéntrica
A granulomatose broncocéntrica (GB) é unha doenza que consiste nunha reacción granulomatosa inflamatoria e necrotizante do epitelio bronquial de arredor dos bronquios e bronquíolos. Representa unha doenza englobada dentro do tipo das eosinofilias pulmonares. É unha enfermidade pouco frecuente e de etioloxía descoñecida, denominándoselle moitas veces tamén granulomatose broncocéntrica idiopática. En proporción afecta tanto a homes como a mulleres de igual xeito[1]. Porén, en pacientes asmáticos (aproximadamente un 50% do total), considérase que a etioloxía é unha reacción de hipersensibilidade fronte a antíxenos fúnxicos intrabronquiais[2], posibelmente Aspergillus. En doentes sen asma, a GB vinculouse con outras doenzas autoinmunes e infecciosas, entre elas a artrite reumatoide, a tuberculose, a equinococose, a histoplasmose, a coccidiomicose e a nocardiose[3].
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O diagnóstico establécese mediante biopsia e mediante radioloxía, onde ofrece unha imaxe de masa tumoral. Ademais da asma, é frecuente que os pacientes con GB presenten asperxilose broncopulmonar alérxica (ABPA).
Notas editar
- ↑ "Bronchocentric Granulomatosis". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ Granulomatosis broncocéntrica asociada a hidatidosis pulmonar; D. Hardissona, M. Nistal y M. Casillas.
- ↑ Harrison Principios de Medicina Interna, 17a edición; Cap. 255: Doenzas pulmonares intersticiais; Talmadge E. King, jr.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |