Grande Exposición

primeira exposición universal en Londres

A Grade Exposición dos Traballos de Industria de Todas as Nacións, coñecida como a Grande Exposición ou a Exposición do Pazo de Cristal foi unha exposición internacional que tivo lugar en Hyde Park, Londres, do 1 de maio ao 15 de outubro de 1851. Foi a primeira dunha serie de feiras ou exposicións culturais e industriais que se popularizaron no século XIX. O evento foi organizado por Henry Cole e o príncipe Alberte, marido de Vitoria, raíña do Reino Unido.

The Crystal Palace dende o nordés.

Persoas famosas da época asistiron á Grande Exposición, incluíndo Charles Darwin, Karl Marx, Michael Faraday (que axudou na planificación das exposicións), Samuel Colt, membros da familia real orleanista e os escritores Charlotte Brontë, Charles Dickens, Lewis Carroll, George Eliot, Alfred Tennyson e William Makepeace Thackeray. O futuro defensor do movemento Arts & Crafts William Morris, entón un adolescente, dixo máis tarde que se negou a asistir á Exposición por razóns de gusto.[1] A música de apertura, baixo a superintendencia de William Sterndale Bennett, foi dirixida por George Thomas Smart. O primeiro refresco do mundo, Schweppes, foi patrocinador oficial do evento.[2]

Galería editar

Notas editar

  1. "Introducing William Morris". vam.ac.uk. Consultado o 2023. 
  2. "SCHWEPPES HOLDINGS LIMITED". royalwarrant.org. Consultado o 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar