Na historia surafricana, o Gran Trek foi a migración cara ao leste e nordeste dos afrikáners dende a colonia do Cabo (Suráfrica). Comeza en 1835 para fuxir da autoridade do goberno británico que recentemente ampliara o territorio da colonia. Os que participaron neste movemento coñécense como voortrekkers e deron orixe aos bóers
Estímase que arredor de 12.000 voortrekkers entraron no que despois serían Natal, Orange e Transvaal para se afastaren da autoridade británica e das guerras fronteirizas, e das políticas de anglización e da falta de terra na rexión oriental do Cabo, de onde procedían.
O primeiro grupo A maioría dos voortrekkers eran trekboers, granxeiros seminómades do oriente da rexión do Cabo, durante o Gran Trek loitaron contra os zulus, despois que os líderes voortrekker Piet Retief e Gerhard Maritz e a metade dos seus seguidores foron asasinados por orde do rei Dingane para evitar a chegada de máis voortrekkers. En vinganza as forzas de Andries Pretorius mataron 3.000 zulús na batalla de Blood River (1838) e conquistaron a capital zulú, Mgungundlovu, pero en 1845 os británicos declararon Natal colonia británica e a maioría dos bóers marcharon ao norte, ás terras devastadas polo Mfecane. Os bóers, neste movemento, estableceron os estados independentes de Natalia, Transvaal e o Estado Libre de Orange