Gran Reserva é unha serie de televisión española producida por Bambú Producciones para La 1 de Televisión Española, estreada o 15 de abril de 2010.

Gran Reserva
FormatoDrama-Suspense
Creado porRamón Campos
Gema R. Neira
IntérpretesEmilio Gutiérrez Caba
Ángela Molina
Tristán Ulloa
Paula Echevarría
Francesc Garrido
Ana Risueño
Aitor Luna
Belén Fabra
Armando del Río
Ricard Sales
Luisa Martín
Gloria Muñoz
Álvaro de Luna
Marta Belmonte
Alejandra Lorente
País de orixeEspaña
Episodios23 (ata 2/6/11)
Produción
Duración70-75 min
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio15 de abril de 2010
Derradeiro episodioactualidade
Na rede
http://www.rtve.es/television/gran-reserva/
IMDB: tt1506996 Filmaffinity: 345183 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rodada e ambientada na campiña rioxana, céntrase no mundo do viño como negocio e dedicación familiar de dous clans tradicionalmente enfrontados.[1]

A segunda tempada da serie emitiuse entre o 24 de marzo e o 23 de xuño de 2011. A terceira comezou o 7 de xaneiro e finalizou o 8 de abril de 2013. A partir do 15 de abril de 2013 emítese El pago de los Cortázar, tres capítulos especiais que continúan a terceira tempada.

Sinopse editar

Gran Reserva é unha mestura de melodrama e suspense. Unha historia familiar que vira ao redor de dúas familias de adegueiros rioxanos: os Cortázar, representados polo seu patriarca Don Vicente, que consideran o viño como un lucrativo negocio, e os Reverte, encabezados por Dona Sofía, que cren que a viña e a terra son unha forma de vida. A pesar das diferenzas, ambas as familias viven nun equilibrio que rompe de forma drástica cando alguén intenta asasinar a Miguel, o primoxénito dos Cortázar.[2]

Elenco editar

Os Cortázar editar

  • Emilio Gutiérrez Caba como Don Vicente Cortázar, presidente honorario das adegas e pai de Miguel, Pablo, Raúl e Emma. (T1-¿?)
  • Gloria Muñoz como Rosalía Ortiz de Cortázar, muller de Vicente desaparecida durante anos. É nai de Miguel, Raúl e Emma. (T2-¿?)
  • Tristán Ulloa como Miguel Cortázar, primoxénito e xerente da empresa. (T1-¿?)
  • Francesc Garrido como Pablo Cortazar, enólogo e fillo ilexítimo. (T1-¿?)
  • Ana Risueño como Emma Cortázar, directora do Departamento de Vendas. (T1-¿?)
  • Aitor Luna como Raúl Cortázar, ex directivo de Recursos Humanos e mozo díscolo. (T1-¿?)
  • Aitana Garrido como María Campa, filla de Sara e despois adoptada por Pablo. O seu pai biolóxico é Miguel Cortázar, aínda que non a recoñeceu como tal. (T2-¿?)
  • Unax Ugalde como Carlos, fillo que Rosalía tivo con outro home durante os anos que estivo afastada da súa familia. (T3-¿?)

Os Reverte editar

  • Ángela Molina como Sofía Reverte, viúva de Don Jesús e matriarca dos Reverte. Nai de Lucía e Daniel. (T1-¿?)
  • Paula Echevarría como Lucía Reverte, filla de Sofía e Don Jesús e irmá de Daniel. (T1-¿?)
  • Ricard Sales como Daniel Reverte, fillo de Sofía e Don Jesús e irmán de Lucía. (T1-¿?)
  • Manuel Galiana como Adolfo Reverte, irmán máis novo de Jesús Reverte. (T3-¿?)

Secundarios editar

  • Belén Fabra como Paula Muro, ex muller de Miguel. (T1-¿?)
  • Luisa Martín como agente Isabel Ortega, policía local. (T1-¿?)
  • Alejandra Lorente como Sara Gracián, ex-esposa de Pablo e nai ilexítima de María, froito dunha relación con Miguel Cortázar. (T1-¿?)
  • Armando del Río como Gustavo Arístides, ex-esposo de Emma e enxeñeiro agrónomo das adegas. (T1-¿?)
  • Marta Belmonte como Nuria Asensi, filla de Asensi. (T2-¿?)
  • Úrsula Corberó como Laura, unha avogada que chega a Lasiesta. Noiva de Daniel Reverte (T3-¿?)
  • Álvaro de Luna como Agustín Asensi, presidente do Consello Regulador da Rioxa. (T2-¿?)
  • César Sánchez como Señor Agüero, empresario en viño. (T1-¿?)
  • Mariam Hernández como Ana Garcés, irmá de Lorena, a noiva falecida de Daniel. (T3 -¿?)
  • Mariona Tena como Mar, a nova enóloga das adegas Cortázar. (T3-¿?)

Antigos e falecidos editar

  • Carlos Álvarez-Novoa como Don Jesús †, marido de Sofía e pai de Lucía e Daniel. O seu asasinato é un misterio. (T1)
  • Mauricio Bautista como Luis Jiménez †, traballador dos Cortázar e asasinado por Raúl. (T1)
  • Ángela Cremonte como Paloma Olmedo †, secretaria das adegas e asasinada por Gustavo.
  • Ángela Cremonte como Carlota, irmá xemelga de Paloma. (T1-T2)
  • Mariana Cordero como Amelia Campa, nai biolóxica de Pablo. (T1)
  • Juan Meseguer como Antonio Ricco, avogado (T1-T2)
  • María Casal como Mercedes Monsalve, muller do señor Agüero. (T1)
  • Lucía Gil como Claudia Cortázar †, filla de Miguel e Paula. Falece nun accidente de tráfico provocado polo seu avó Don Vicente.(T1)
  • Francisco Marcus como Sombra †, a sombra de don Vicente e home de confianza. Suicídase. (T1)
  • Ramón Madaula como Julián Calvo. (T1-T2)
  • José Hervás como El Tuerto †, dono dunhas viñas. Asasinado por Raúl. (T1-T2)
  • Empar Ferrer como Isabel, muller do Tuerto. (T1-T2)
  • Thaïs Blume como Lorena Garcés †, noiva de Daniel. Falece nun accidente de tráfico. (T2)
  • Yon González como Manuel Hernández †, secretario das adegas e ex-noivo de Paloma en busca de vinganza. Asasinado accidentalmente por Emma. (T2)
  • Ledicia Sola como Mónica Robledano †, avogada, primeiro dos Cortázar e logo dos Reverte. Aparentemente, suicídase. (T1-T2)
  • Cristóbal Crespo como Alfonso Montoro †, fillo dun traballador das viñas, foi darlle un recado e morreu atropelado por Don Vicente. (T2)

Escenarios editar

Parte da rodaxe levouse a cabo na localidade rioxana de Briones, sendo nomeada na serie como Lasiesta.[3] Boa parte dos interiores foron rodados en Madrid e nun grande escenario de 1500 m³ que reproduce as adegas dos Cortázar e os Reverte. Outros exteriores foron rodados en Segovia e Chinchón.[3]

Capítulos e audiencias editar

Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
1 Encuentro con el pasado 15 de abril de 2010 4 041 000 20,9%
2 Todos ocultan algo 22 de abril de 2010 3 991 000 21,0%
3 La primera sospecha 29 de abril de 2010 3 617 000 18,4%
4 Más unidos que nunca 6 de maio de 2010 3 997 000 20,4%
5 Polos opuestos 13 de maio de 2010 3 914 000 20,2%
6 Inhabilitación 20 de maio de 2010 3 982 000 21,2%
7 Al descubierto 27 de maio de 2010 4 234 000 22,5%
8 Al acecho 3 de xuño de 2010 3 812 000 21,2%
9 Acorralados 10 de xuño de 2010 4 266 000 22,8%
10 En el punto de mira 17 de xuño de 2010 4 051 000 21,8%
11 Evidencias 24 de xuño de 2010 3 759 000 21,7%
12 Se cierra el círculo 1 de xullo de 2010 3 586 000 21,2%
13 Verdad 8 de xullo de 2010 3 746 000 23,5%
SEGUNDA TEMPADA
14 Rehacer la vida 24 de marzo de 2011 3 772 000 19,1%
15 Denominación de origen 31 de marzo de 2011 3 636 000 18,7%
16 Las cosas que jamás contaremos 7 de abril de 2011 3 547 000 18,2%
17 La coartada perfecta 14 de abril de 2011 3 479 000 18,8%
18 La vendimia 28 de abril de 2011 3 548 000 18,4%
19 El poder del dinero 5 de maio de 2011 3 334 000 15,7%
20 El regreso menos esperado 12 de maio de 2011 3 516 000 18,0%
21 La primera batalla 19 de maio de 2011 3 435 000 17,7%
22 Un secreto desenterrado 26 de maio de 2011 3 564 000 18,3%
23 La distancia no es siempre la solución 2 de xuño de 2011 3 715 000 19,4%
24 El pasado siempre vuelve 9 de xuño de 2011 3 709 000 19,2%
25 Mientras estemos juntos 16 de xuño de 2011 3 329 000 17,8%
26 Cuando menos te lo esperas 23 de xuño de 2011 2 831 000 19,8%
TERCEIRA TEMPADA
27 El punto de retorno 7 de xaneiro de 2013 2 907 000 14,6%
28 El lado malo de las cosas 14 de xaneiro de 2013 2 698 000 13,0%
29 Si de verdad me quieres... 21 de xaneiro de 2013 2 931 000 13,9%
30 Lo que queda por hacer 28 de xaneiro de 2013 2 863 000 13,6%
31 Pero si tú me olvidas 4 de febreiro de 2013 2 882 000 13,7%
32 La naturaleza del escorpión 11 de febreiro de 2013 2 519 000 11,7%
33 La naturaleza del escorpión 11 de febreiro de 2013 3 072 000 14,9%
34 Excentridades 25 de febreiro de 2013 2 694 000 13,1%
35 Lo que la muerte la depare 4 de marzo de 2013 2 707 000 12,7%
36 Encuentros y desencuentros 11 de marzo de 2013 2 706 000 13,3%
37 De la misma sangre 18 de marzo de 2013 2 754 000 13,4%
38 Ayer no existe, mañana tampoco 1 de abril de 2013 2 469 000 12,2%
39 Dónde hubo fuego y habrá cenizas 8 de abril de 2013 2 792 000 13,6%
EL PAGO DE LOS CORTÁZAR
40 Con el paso del tiempo 15 de abril de 2013 2 803 000 13,9%
41 Del olor del vino y la madera 22 de abril de 2013 2 731 000 13,5%
42 Lo que una vez tuvimos y perdimos 29 de abril de 2013 2 814 000 14,2%

Premios e nomeamentos editar

Ano Categoría Premiado Resultado
2010 Mellor actor de serie Emilio Gutiérrez Caba Gañador
Mellor actriz de serie Paula Echevarría Nomeada
Mellor director de fotografía e iluminador Jacobo Martínez Nomeado
Ano Categoría Premiado Resultado
2011 Mellor intérprete masculino en ficción nacional Emilio Gutiérrez Caba Gañador
Ano Categoría Premiado Resultado
2010 Mellor actor secundario de televisión Aitor Luna Gañador
Ano Categoría Resultado
2010 Premio 'Pasión de Críticos' ao Mellor produto do ano Gañador[4]
Ano Categoría Resultado
2011 Premio á Mellor idea orixinal e Calidade artística Gañadora[5]
Ano Categoría Premiado Resultado
2011 Mellor actriz Ángela Molina Gañadora
2010 Mellor serie Nomeada[6]
Mellor actor Emilio Gutiérrez Caba Gañador[7]
Mellor actriz Paula Echevarría Nomeada
Ano Categoría Premiado Resultado
2010 Mellor guión de serie de TV Nomeado[8]
  • Premios Punto Radio La Rioja
Ano Categoría Resultado
2010 Mellor serie de televisión Gañadora[9]
  • Festival Seoul International Drama Awards
Ano Categoría Resultado
2012 Mellor serie Nomeada[10]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar