Gran Principado de Serbia (1090-1217)

O Gran Principado Serbio ou Rascia (en serbio cirílico Велика кнежевина Србија) foi un Estado medieval fundado en 1090 e que existiu até 1217, ano en que se converteu no Reino de Serbia.

Modelo:Xeografía políticaGran Principado de Serbia
Рашка (sr) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalStari Ras Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua serbia Editar o valor em Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1091 Editar o valor em Wikidata
Disolución1217 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Serbia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata

A Serbia de Estevo Nemanja.

Durante o reinado de Constantino Bodin, o rei de Duklja, Vukan foi nomeado gobernador de Rascia como vasalo e, cando Bodin foi capturado polos bizantinos, Vukan fíxose independente e tomou o título de gran príncipe. Cando morreu Bodin, Rascia converteuse na entidade serbia máis forte, na que se asentaría o Reino serbio, en mans da dinastía Vukanović.

Uroš I, fillo de Vukan, gobernaba Serbia cando os bizantinos invadiron Duklja, co que Rascia se convertía no seu seguinte obxectivo, pero debido aos lazos diplomáticos que establecera co Reino de Hungría, Serbia mantivo a súa independencia.

Uroš II inicialmente loitou conta os bizantinos pero, despois dunha derrota, axiña fixo un xuramento de servidume ao emperador bizantino. Desa, irmán de Uroš II e inicialmente aliado dos bizantinos, virou cara ao apoio húngaro, pero foi deposto en 1163, e Stefan Tihomir (co quen comenza a dinastía Nemanjić) foi posto no trono polo emperador.

Estevo Nemanja, fundador da dinastía Nemanjić, loitou polo trono derrotando aos seus tres irmáns, que estaban respaldados polo emperador. Nemanja estableceu a Igrexa Ortodoxa Serbia en 1199 xunto co seu fillo, San Sava, primeiro arcebispo dos serbios (1219), e foi o autor da máis antiga Constitución serbia coñecida, a Zakonopravilo. Sava fixo un gran desenvolvemento da literatura medieval serbia. O seu irmán máis vello, Estevo II o primeiro coroado, converteuse en rei en 1217.

Antecedentes editar

Primeiro Principado (768-960) editar

Anexión bizantina 969-1043 editar

Tras a morte de Caslav o reino derrubouse, e a nobreza local restaurou o control de cada provincia e o seu xenro Tihomir gobernou Rascia.[1] Pronto os croatas, búlgaros e bizantinos anexionaron os territorios serbios. O rexistro escrito sobre a primeira dinastía termina coa morte de Caslav.[2]

Entre 971 e 976 establécese o Catepanato de Ras, durante o reinado de Xoán Tzimisces (969–976).[3] Un selo dun strategos de Ras está datado no reinado de Tzimisces, facendo posíbel que o predecesor de Tzimisces, Nicéforo II Focas, gozara de recoñecemento en Rascia.[4][5] O protospatharios e catepán de Ras foi o gobernador bizantino chamado Xoán.[6] Descoñécese a data do catepanato de Ras durante o reino de Tzimiskes.[7] A presenza militar bizantina terminou pouco despois coas guerras bizantinas con Bulgaria e foi restablecida só contra 1018 co efémero thema de Sirmio que, porén, non se estendía moito en Rascia.[4]

Emerxencia e caída de Duklja editar

Artigo principal: Duklja.

A misión diplomática Serbia, cuxa chegada a Constantinopla en 992 está rexistrada nunha carta do Mosteiro de Lavra escrita en 993, o máis probábel é que fose enviada desde Duklja.[8]

No ano 1000, Jovan Vladimir emerxe como o máis poderoso nobre serbio. Coa súa corte centrada en Bar, na costa adriática, tivo a gran parte dos serbios Pomorje ('marítimos') baixo o seu control, incluíndo Travunia e Zachlumia. O seu reino pode que se estendera tamén cara ao oeste e cara ao norte incluíndo tamén algunhas partes do Zagorje ('interior' de Serbia e Bosnia). Cedrenus chama ao seu reino "Trymalia ou Serbia" [9] e, segundo Radojicic e Ostrogorski, os bizantinos chamaban Zeta a Serbia e aos seus habitantes serbios.[10] A posición preeminente de Vladimir sobre outros nobres eslavos da zona explica a aproximación do emperador Basilio II parta formaren unha alianza contra Bulgaria.

Coas mans atadas pola guerra en Anatolia, o emperador Basilio require aliados na súa guerra contra o tsar Samuel, que dominaba gran parte de Macedonia. En represalia, Samuel invadiu Duklja en 1009 e, en Dalmacia, a cidade de Zadar, incorporando Bosnia e Serbia ao seu imperio. Despois de derrotar a Vladimir, Samuel restableceuno como Príncipe vasalo. Os bizantinos derrotaron a Bulgaria en 1014. En 1016, Jovan Vladimir foi asasinado por Iván Vladislav de Bulgaria.

Contra 1034 os serbios tomaron represalias contra os bizantinos. Stefan Vojislav, un travunian serbio e "arconte de Dalmacia, Zeta e Ston", posibelmente emparentado con Jovan Vladimir, organizou unha revolta cando houbo un cambio no trono do Imperio. Foi derrotado en 1036 e enviado ao cárcere en Constantinopla.

A administración de Duklja foi restaurada con Teófilo Erotikos, o estratego de Serbia. En 1038, Vojislav escapou e regresou a Duklja, instigando outra revolta, agora tamén contra os aliados bizantinos das provincias veciñas dos serbios. Vojislav derrotou a Erotikos en 1039 e, en xullo, Ljutovid de Zahumlje recibe o título de "estratego de Serbia e Zahumlje" e, con esta concesión imperial, Ljutovid tiña dereito a todos os principados serbios. En 1042, Vojislav derrotou a Ljutovid e reinou de forma independente até a súa morte en 1043.

Mihailo I, o fillo de Vojislav, sucédeo como gran príncipe. En 1052, Mihailo recibe o título de Protospatario e casa coa sobriña de Constantino IX. Isto trouxo a paz entre os serbios e os bizantinos nos seguintes 20 anos. En 1068-1071, os bizantinos tiñan problemas: a batalla de Manzikert cos seleúcidas, os normandos en Italia e un golpe de Estado de Miguel VII Doukas en 1072. Ese ano Mihailo axuda o levantamento eslavo de Pomoravlje, enviando ao seu fillo Constantino Bodin, como descendente dos Cometopuli, para ocupar o trono como emperador de Bulgaria para liderar a revolta. Bodin toma Niš, reinando nesta rexión durante pouco tempo, antes de ser derrotado por Miguel Saronites e enviado a prisión en Constantinopla. Isto fíxoos inimigos. En 1060-1074, Mihailo pon a Petrislav de Rascia, seu fillo, como Gran Príncipe de Rascia. En 1077 Mihailo mira cara ao oeste, cara ao Papa, para garantir a súa independencia e poder obter un título real. Despois do Gran Cisma, o papa gustosamente quixo ampliar a súa xurisdición e o mesmo ano Mihailo recibe o título de rei. En 1078, mariños veneciáns rescatan a Mihailo e este regresa a Duklja. Mihailo morre en 1081.

Constantino Bodin en principio apoiou ao Imperio bizantino na súa guerra cos normandos en Durazzo, pero despois permaneceu inactivo, polo que os normandos toman a cidade en 1081. Bodin casou coa filla dun nobre pro-normando de Bari. Puxo aoa seus sobriños Vukan e Marko como župans de Raška e de Bosnia. En 1085 os bizantinos recuperan Durazzo e Duklja está no punto de mira.

Historia editar

Reinado de Vukan editar

En 1091 ou 1092 Vukan proclama a súa independencia,[11], tomando o título de Gran Príncipe (Veliki Župan).[12] O seu estado centrouse na actual Novi Pazar.[12] Os duques locais (Župan, que gobernaban un territorio equivalente ao dun condado) eran seus subordinados e, aínda que parece que eran máis ou menos autónomos nos asuntos internos dos seus condados, estaban obrigados a seren leais a Vukan e a apoialo nas súas batallas.[12] Ao parecer, os duques eran titulares hereditarios dos seus condados, sostendo as súas terras antes de Duklja, agora anexionada a Rascia.[12]

Nos anos 1090, Vukan comeza as incursións en territorio bizantino, primeiro nas proximidades de Kosovo.[12] Inicialmente os bizantinos foron incapaces de tomar medidas contra Vukan porque se enfrontaban a unha grave ameaza polas invasións dos pechenegos.[13] O 29 de abril de 1091, na batalla de Levounion os bizantinos destruíron a forza pechenega[13] Coa derrota dos pechenegos, Aleixo I Comneno podería agora volver cara aois serbios.[13]

Aleixo I enviou un exército, baixo o mando do estratego de Durazzo, que foi derrotado por Vukan en 1092.[13] O emperador mobilizou daquela un exército moito maior, liderado por el mesmo, marchando cara a Rascia.[13] Vukan enviou emisarios en busca da paz, que Aleixo aceptou rapidamente porque xurdira un novo problema no seu Imperio cos cumanos que saquearon as terras de Adrianópolis.[13] Inmediatamente despois da saída do emperador, Vukan rompe o Tratado e comezou a expandirse ao longo do Vardar, obtendo moitos botíns e tomamdo as cidades de Vranje, Skopje e Tetovo.[13] En 1094 o 1095 Aleixio marchou outra veza para someter aos serbios. Vukan e os seus duques chegaronn á tenda de campaña do emperador cunha oferta de paz, co seu propio fijo Uros I como refén (durante o século XII era habitual que familiares do Gran Príncipe permaneceran na corte imperial como refáns da paz).[13]

Neste momento Rascia era independente. Vukan actuara no seu propio nome e intereses, xa non como un vasalo de Duklja.[13] Duklja, debido á súa guerra civil, non se involucraba nas guerras de Rascia cos bizantinos.[13] Vukan marchou novamente cara ao sur, cara a Macedonia. Aleixo non puido facer nada contra el pola cruzada que levou a cabo. En 1106 Vukan sométese a Aleixo.[14]

Notas editar

  1. Zivkovic, Portreti srpskih vladara, páx. 57
  2. Srbi između Vizantije, Hrvatske Bugarske; i
  3. GK, resume: "o establecemento do Catepanato de Ras entre 971 e 976" .
  4. 4,0 4,1 Stephenson, Paul. The Legend de Basilio the bulgar-slayer. p. 42. 
  5. Paul Magdalino, Byzantium in the year 1000, páx. 122
  6. Academia, 2007, Byzantinoslavica, Volumes 65-66, páx. 132
  7. Bojana Krsmanović, Ljubomir Maksimović, Taxiarchis G. Kolias (2008), The Byzantine province in change: on the threshold between the 10th and the 11th century, páx. 189, Institute for Byzantine Studies, Serbian Academy of Sciences and Arts.
  8. Ostrogorsky 1956, páxs. 273–5.
  9. Cedrenus II, col. 195.
  10. Banaevi, Nikola. "Letopis popa Dukljanina i narodna predawa". kupdf.net. p. 79. Consultado o 2020-03-25. 
  11. The early medieval Balkans, páx. 224
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 The early medieval Balkans, páx. 225.
  13. 13,00 13,01 13,02 13,03 13,04 13,05 13,06 13,07 13,08 13,09 The early medieval Balkans, páx. 226
  14. The early medieval Balkans, páx. 228

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Curta, Florin (2006): Southeastern Europe in the Middle Ages, 500–1250. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-81539-0
  • Fine, John Van Antwerp (1991): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century. University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-08149-3 [1]
  • Fine Jr., John Van Antwerp (2006): When Ethnicity did not matter in the Balkans. A study of Identity in pre-Nationalist Croatia, Dalmatia and Slavonia in the Medieval and Early-Modern Periods. University of Michigan Press. ISBN 0-472-11414-X
  • Hupchik, Dennis P. (2002): The Balkans. From Constantinople to Communism. Palgrave MacMillan. ISBN 1-4039-6417-3
  • Stephenson, Paul (2003): The Legend of Basil the Bulgar -Slayer. Cambridge University Press. ISBN 0-521-81530-4
  • Whittow, Mark (1996): The Making of Byzantium. MacMillan Press. ISBN 0-520-20496-4

Outros artigos editar