Gran Premio de Turquía

O Gran Premio de Turquía (turco: Türkiye Grand Prix'si) é unha carreira de automobilismo de velocidade válida para o campionato mundial de Fórmula 1, que se disputou por primeira vez o 21 de agosto de 2005 en Istambul, Turquía. Para este gran premio construíuse un novo circuíto, deseñado por Hermann Tilke, o Circuíto de Istambul na parte asiática de Istambul, cunha lonxitude de 5´340 m e un trazado que comprende seis curvas á dereita e oito á esquerda. O circuíto córrese en sentido contrario ás agullas do reloxo; sendo o único circuíto, xunto co de Interlagos, no que se dá tal circunstancia. A carreira formou parte do Campionato Mundial de Fórmula Un entre 2005 e 2011, e 2020 a 2021, este último dous débense á Pandemia de COVID-19. Felipe Massa e Ferrari son ​​o piloto e o construtor máis exitosos respectivamente, ao gañar a carreira tres veces cada un.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Turquía
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Istambul (Tuzla (pt) Traducir) 40°57′06″N 29°24′18″L / 40.951666666667, 29.405Coordenadas: 40°57′06″N 29°24′18″L / 40.951666666667, 29.405 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude5,338 km Editar o valor em Wikidata
PaísTurquía Editar o valor em Wikidata
Vixencia2005 – 2021 Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Debido á natureza do circuíto, a fin de semana do Gran Premio de Turquía de 2005 viu unha emocionante acción en pista, con moitos pilotos trompeando durante toda a fin de semana debido a un forte pulo, particularmente na curva 8 onde Juan Pablo Montoya corría á par a flata de dúas voltas para ofin cando se enganchou co Jordan de Tiago Monteiro. Isto permitiu que Fernando Alonso fixésese co segundo posto detrás de Kimi Räikkönen, un evento que tivo unha grande influencia na súa batalla polo Campionato Mundial que se dirixía cara ao seu fin.

Un ano despois, Felipe Massa obtivo a súa primeira pole position e vitoria en Istambul. Os Ferrari foron 1-2 nas primeiras voltas da carreira, con Massa por diante de Michael Schumacher. Vitantonio Liuzzi trompeou e fixo saír o coche de seguridade e os Ferrari tiveron que entrar en boxes na mesma volta. Alonso puido superar a Schumacher e a orde mantívose ata o final da carreira. Massa repetiu en 2007 por diante do seu novo compañeiro de equipo Räikkönen.

En 2008, a carreira celebrouse en maio. Massa, con dúas paradas, gañou a carreira diante de Lewis Hamilton, con tres paradas, aínda que Hamilton superouno durante a carreira.

Para 2011, a carreira púxose en dúbida porque Bernie Ecclestone quería duplicar as tarifas para organizar a carreira. Con todo, Ecclestone confirmou que 2011 tería un calendario de 20 carreiras; non se quitarían carreiras e agregaríase o Gran Premio da India[1] (aínda que a cancelación do Gran Premio de Bahrain significou que só se celebraron dezanove Grandes Premios).[2]

O 30 de xullo de 2011 anunciouse que o Gran Premio de Turquía non estaría no calendario a partir de 2012 debido á falta de acordo sobre o custo anual.[3] O 9 de xaneiro de 2013, o goberno decidiu non aprobar o acordo para celebrar a carreira de Fórmula 1 en Istambul en 2013.

O proxecto, que custou a Turquía ao redor de 20 millóns de dólares en total, necesitaba recibir 13 millóns de dólares de fondos estatais. O goberno, con todo, non deu a súa aprobación e o proxecto fracasou.[4]

Debido á pandemia de COVID-19 en 2020 canceláronse varias carreiras programadas orixinalmente. O Gran Premio de Turquía engadiuse ao calendario revisado en agosto de 2020 e a fin de semana de carreira celebrouse entre o 13 e o 15 de novembro de 2020.[5] Lance Stroll de BWT Racing Point F1 Team acadou a pole position en condicións de mollado. Foi Lewis Hamilton de Mercedes, a partir do sexto posto, quen tomou o liderado nas fases medias da carreira e levouno a gañar a carreira e acadar o seu sétimo título mundial, igualando o rexistro de Michael Schumacher.

O Gran Premio de Turquía presentouse como substituto do Gran Premio do Canadá para o Campionato Mundial de Fórmula Un de 2021 debido á restricións de entrada no Canadá.[6] O evento pospúxose debido ás restricións de viaxe a Turquía imposto polo goberno británico, oocupando o seu lugar o Gran Premio de Estiria.[7] A carreira volveuse engadir ao calendario para substituír o Gran Premio de Singapur.[8] A carreira gañouna Valtteri Bottas con Mercedes AMG Petronas, que partiu da pole position e liderou a maior parte da carreira.

Nome oficial editar

Gañadores editar

O Autódromo de Istambul, tamén coñecido como Circuíto de Istambul ou Parque de Istambul (en turco: İstanbul Park), é un autódromo localizado no lado asiático de Istambul,Turquía. Foi construído para ser sede do Gran Premio de Turquía de Fórmula 1. Rodeado por bosques e parques, áchase localizado cerca da intersección de Kurtköy, no norte da autoestrada TEM, que comunica Istambul con Ancara. Xunto ao circuíto, encóntrase o Aeroporto Internacional Sabiha Gökçen.

Por ano editar

Todos os Grandes Premios de Turquía celebráronse no Circuíto de Istambul.[19]

Ano Piloto Construtor Resultados
2005   Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
2006   Felipe Massa Ferrari Resultados
2007   Felipe Massa Ferrari Resultados
2008   Felipe Massa Ferrari Resultados
2009   Jenson Button Brawn-Mercedes Resultados
2010   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2011   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2012

2019
Non celebrado
2020   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2021   Valtteri Bottas Mercedes Resultados
Fonte:[19]

Gañadores múltiples (pilotos) editar

Vitorias Pilotos Anos
3   Felipe Massa 2006, 2007, 2008
2   Lewis Hamilton 2010, 2020
Fonte:[19]

Gañadores múltiples (construtores) editar

Os construtores en letra 'grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un.

Vitorias Construtor Anos
3   Ferrari 2006, 2007, 2008
2   McLaren 2005, 2010
  Mercedes 2020, 2021
Source:[19]

Gañadores múltiples (fabricantes de motores) editar

Os babricantes en letra 'grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un.

Vitorias Fabricante Anos
5   Mercedes * 2005, 2009, 2010, 2020, 2021
3   Ferrari 2006, 2007, 2008
Fonte:[19]

* Construído por Ilmor en 2005

Notas editar

  1. "F1 set for record 20-race season". BBC News. 16 de abril de 2010. 
  2. "F1 set for record 20-race season". BBC News. 16 de abril de 2010. 
  3. "Turkey set to be dropped for 2012". BBC News. 
  4. Daily Hürriyet newspaper Turkey 9 de xaneiro de 2013
  5. "Formula 1 to return to Turkey as four more races are added to the 2020 F1 calendar". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 
  6. "Turkey to replace Canada on 2021 F1 race calendar". Formula1.com (en inglés). 28 de abril de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  7. "2021 F1 calendar reshuffled, as Turkey drops off and extra Austria race added". www.formula1.com (en inglés). Formula One. 2021-05-14. Consultado o 2021-05-14. 
  8. Benson, Andrew (25 de xuño de 2021). "Formula 1: Turkey to replace Singapore on calendar". BBC Sport. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  9. "2005 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  10. "2010 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  11. "2006 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  12. "2007 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  13. "2008 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  14. "2009 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  15. "2011 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  16. "DHL the official title sponsor of 2011 Turkish race". Formula 1. 6 May 2011. Consultado o 6 de maio de 2011. 
  17. "Turkey". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  18. "Turkey". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 "Turkish GP". ChicaneF1. Consultado o 3 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar