Gran Premio de Miami de 2022

O Gran Premio de Miami 2022 (coñecido oficialmente como Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2022) é unha carreira de motor de Fórmula Un que se celebrou o 8 de maio de 2022 no Autódromo Internacional de Miami en Miami Gardens, Florida, Estados Unidos. É a primeira edición do Gran Premio de Miami e a quinta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022.[1]

Gran Premio de Miami de 2022
Detalles da carreira
Carreira 5 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022.
Trazado do circuíto de Miami
Trazado do circuíto de Miami
Data 8 de maio de 2022
Nome oficial Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2022)
Localización Autódromo Internacional de Miami, Miami, Florida
Percorrido Circuíto temporal deseñado especificamente
5´410 km
Distancia 57 voltas, 308´370 km
Climaparcialmente nubrado, 30 °C e 38 °C no asfalto, humidade relativa do 63%. O vento sopra a 1,2 m/s.
Pole position
Piloto Charles Leclerc Ferrari
Tempo 1:28.796
Volta rápida
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT
Tempo 1'31.361
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT
Segundo Charles Leclerc Ferrari
Terceiro España Carlos Sainz Ferrari

Antecedentes editar

Clasificación do campionato antes da carreira editar

Charles Leclerc é o líder do Campionato de Pilotos despois da cuarta rolda na Emilia-Romaña con 86 puntos, 27 por diante de Max Verstappen segundo, con Sergio Pérez Mendoza en terceiro lugar, a cinco puntos do seu compañeiro. No Campionato de Construtores, Ferrari lidera por diante de Red Bull Racing por 11 puntos e Mercedes por 47.[2]

Pneus dispoñibles editar

Pneus dispoñibles para Miami
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros
(Tipo C2)
 
sans_cadre
Medios
(Tipo C3)
 
Brandos
(Tipo C4)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Practica editar

Houbo tres sesións de adestramento cada unha dunha hora de duración. As dúas primeiras sesións de adestramento tiveron lugar o venres 6 de maio ás 14:30 e 17:30 hora local (UTC−04:00) e a terceira sesión tivo lugar ás 13:00 do 7 de maio.[3]

Cualificación editar

A cualificación tivo lugar o 7 de maio ás 16:00 hora local e tivo unha duración dunha hora.[3]

Clasificación da cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 16   Charles Leclerc Ferrari 1:29.474 1:29.130 1:28.796 1
2 55   Carlos Sainz Ferrari 1:30.079 1:29.729 1:28.986 2
3 1   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 1:29.836 1:29.202 1:28.991 3
4 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 1:30.055 1:29.673 1:29.036 4
5 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:30.845 1:29.751 1:29.475 5
6 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:30.388 1:29.797 1:29.625 6
7 10   Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 1:30.779 1:30.128 1:29.690 7
8 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:30.761 1:29.634 1:29.750 8
9 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 1:30.485 1:30.031 1:29.932 9
10 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:30.441 1:29.996 1:30.676 10
11 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 1:30.407 1:30.160 11
12 63   George Russell Mercedes 1:30.490 1:30.173 12
13 5   Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 1:30.677 1:30.214 13
14 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:30.583 1:30.310 14
15 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:30.645 1:30.423 15
16 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:30.975 16
17 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:31.020 17
18 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:31.266 18
19 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:31.325 19
107% tempo: 1:35.737
31   Esteban Ocon Alpine-Renault Sen tempo 20[4]
Fonte:[5][6]

Carreira editar

A carreira comezou ás 15:30 EDT (21:30 CEST) o 8 de maio e durou 57 voltas.[3]

Informe da carreira editar

Na primeira curva na saída, Verstappen superou a Sainz polo segundo posto e aproximouse a Leclerc, a quen pasou para o liderado na volta 9, mentres Leclerc loitaba cos pneumáticos de composto medio.[7][8] A carreira interrompeuse na volta 41, xa que o pneumático traseiro dereito de Norris tocou coa parte frontal esquerda de Gasly, provocando un coche de seguridade virtual e despois un coche de seguridade durante cinco voltas. Verstappen foi presionado por Leclerc na reanudación e defendeu a súa posición para facerse co triunfo. Na volta 52, o seu compañeiro Pérez tentou adiantar a Sainz na curva 1 pero cometeu un erro e bloqueou. Vettel e Schumacher chocaron na volta 53, pero non se tomou ningunha medida.[9] Leclerc e Sainz terminaron segundo e terceiro, respectivamente, mentres que Pérez, que sufriu problemas de motor que lle custaron uns 30 cabalos de potencia,[10] e Russell figuraban entre os 5 primeiros.[11] Despois da carreira, Alonso recibiu dúas penalizacións separadas de cinco segundos.[12] Magnussen tivo dous incidentes separados tras o reinicio con Stroll, retirándose na última volta; clasificouse 16º xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.[13]

Clasificación da carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 57 1:34:24.258 3 26[14]
2 16   Charles Leclerc Ferrari 57 +3.786 1 18
3 55   Carlos Sainz Ferrari 57 +8.229 2 15
4 11   México Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 57 +10.638 4 12
5 63   George Russell Mercedes 57 +18.582 12 10
6 44   Lewis Hamilton Mercedes 57 +21.368 6 8
7 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 57 +25.073 5 6
8 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 57 +28.386 20 4
9 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 57 +32.365 18 2
10 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 57 +37.026 PL[15] 1
11 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 57 +37.128[16] 11
12 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 57 +40.146 9
13 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 57 +40.902[17] 14
14 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 57 +49.936 19
15 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 57 +1:13.305 15
16[18] 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 56 á dianteira[19] 16
17[18] 5   Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 54 Colisión PL[15]
Ret 10   Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 45 Suspensión 7
Ret 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 39 Colisión 8
Ret 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 6 Fuga de auga 17
Volta rápida:   Max Verstappen (Red Bull Racing-RBPT) – 1:31.361 (volta 54)
Fonte:[6][20][21]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2022
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2022
Carreira anterior:
Non houbo
Gran Premio de Miami Carreira seguinte:
Gran Premio de Miami de 2023

Notas editar

Referencias
  1. Duong, Trung (25 de marzo de 2022). "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix". F1 Miami. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  2. "Emilia-Romagna 2022 – Championship". Stats F1. 24 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Miami Grand Prix 2022 – F1 Race". Formula 1. 25 de marzo de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  4. Esteban Ocon non participou na cualificación debido a un accidente durante a terceira sesión de adestramentos. Permitíuselle participar a criterio dos comisarios.
  5. "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2022 – Qualifying". Formula 1. 7 de maio de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2022 – Starting Grid". Formula 1. 7 de maio de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  7. Horton, Phillip (9 de maio de 2022). "Leclerc: Medium tyre struggles undid victory quest". Motorsport Week. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  8. Lucas, Katherin (9 de maio de 2022). "'Disappointed' Leclerc blames defeat to Verstappen on Ferrari's tyre management". I. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  9. "Vettel and Schumacher diplomatic over 'chaotic' late-race shunt". Formula1.com. 9 de maio de 2022. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  10. Smith, Luke (9 de maio de 2022). "Perez thinks Miami F1 win was on if not for engine issue". Motorsport.com. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  11. "2022 Miami Grand Prix report and highlights: Verstappen wins inaugural Miami Grand Prix over Leclerc after late Safety Car drama". Formula1.com. 8 de maio de 2022. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  12. Collantine, Keith (8 de maio de 2022). "Stroll promoted to 10th after Alonso receives second five-second time penalty". RaceFans. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  13. Horton, Phillip (9 de maio de 2022). "Haas F1 Team Suffers Late Disaster in Miami". Autoweek. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2022. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  14. Inclúe un punto para a voltas rápida.
  15. 15,0 15,1 Lance Stroll e Sebastian Vettel clasificáronse 10º e 13º, respectivamente, pero comezaron a carreira desde o pit lane xa que o combustible do seu coche estaba demasiado frío . Os seus lugares na grella quedaron libres.
  16. Fernando Alonso terminou oitavo, pero recibiu dous penalizacións de cinco segundos. A primeira por provocar unha colisión con Pierre Gasly e a segunda por abandonar a pista e gañar vantaxe.
  17. Daniel Ricciardo rematou 11º, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por saír da pista e gañar vantaxe.
  18. 18,0 18,1 Kevin Magnussen e Sebastian Vettel clasificáronse xa que completaron máis do 90 % da distancia da carreira.
  19. Kevin Magnussen recibiu unha penalización de cinco segundos por provocar unha colisión con Lance Stroll. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
  20. "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2022 – Race Result". Formula 1. 8 de maio de 2022. Consultado o 8 de maio de 2022. 
  21. "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2022 – Fastest Laps". Formula 1. 8 de maio de 2022. Consultado o 8 de maio 2022. 
  22. 22,0 22,1 "Miami 2022 – Championship". Stats F1. 8 de maio de 2022. Consultado o 10 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar