Gran Premio de Malaisia

O Gran Premio de Malaisia, incluído por primeira vez no Campionato do Mundo de Fórmula 1 en 1999, celebrouse ata 2017 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, nas proximidades de Kuala Lumpur. A carreira coñeceuse oficialmente como o Gran Premio de Malaisia desde 2011 ata o seu remate en 2017.[1]

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Malaisia
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Sepang 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375Coordenadas: 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude2,706 km Editar o valor em Wikidata
PaísMalaisia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1999 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoMax Verstappen Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialmalaysiangp.com.my Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Carreiras anteriores editar

As carreiras de Fórmula 2 das tempadas 1962-1965 celebradas no Circuíto Thomson Road de Singapur son consideradas como un primeiro precedente do Gran Premio de Malaisia, cando Singapur formaba parte da Federación de Malaisia de 1962 a 1965. Logo de que Singapur separouse da federación en 1965, o Gran Premio continuou ata 1973.

Entre a saída de Singapur da Federación de Malaisia e a apertura do circuíto de Sepang, Malaisia foi anfitrioa dunha serie doutros torneos de carreiras no circuíto de Circuíto de Shah Alam entre 1968 e 1995, incluíndo as Tasman Series (1968-1972),[2] Formula Pacific (1973–1974, 1978–1982), Formula Atlantic (1975), Fórmula 2 (1977) e Formula Holden (1995).

Fórmula Un no Circuíto Internacional de Sepang editar

Os Grandes Premios do Campionato Mundial de Malaisia eran coñecidos polo seu clima impredicible, a calor dun horno nun minuto e unha tormenta tropical no seguinte. O Gran Premio inaugural en Sepang celebrouse en 1999, e viu o regreso de Michael Schumacher logo da súa ausencia debido a unha fractura na perna no Gran Premio Británico.[3] Ferrari dominou a carreira, con Schumacher entregando a vitoria ao seu compañeiro de equipo Eddie Irvine. Ambos corredores foron descualificados por irregularidades técnicas, pero tras unha apelación, anulouse a descualificación.[4]

A carreira de 2001 disputouse con fortes choivas desde a metade da carreira. As condicións puxéronse tan malas que case ao mesmo tempo os dous Ferrari de Michael Schumacher e Rubens Barrichello saíronse de pista na mesma curva. Incriblemente ambos os pilotos recuperáronse e chegaron á meta en primeiro e segundo posto.

No Gran Premio de Malaisia de 2009 a duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. como non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171´833 km percorridos)[5]

O 7 de abril de 2017, anunciouse que a carreira de 2017 sería a última vez que o evento celebraríase en Sepang.[6][7] O contrato da carreira debía expirar en 2018, pero o seu futuro estaba baixo ameaza debido ao aumento dos honorarios de aloxamento e a diminución das vendas de entradas.[8] O ministro de Mocidade e Deporte de Malaisia nese intre, Khairy Jamaluddin, dixo o día 26 de outubro de 2016 en Twitter: "Creo que deberiamos deixar de aloxar á F1. Polo menos un intre. O custo é demasiado alto, cun retorno limitado. Cando organizamos por primeira vez a F1 foi un gran negocio. O primeiro en Asia fóra do Xapón. Agora vese en moitos lugares. Non tomamos a dianteira. Non é unha novidade."[9] A BBC informou que "Malaisia loitara nos últimos anos para atraer a unha multitude importante, pero o seu atractivo víuse danado polo evento nocturno máis glamoroso nas rúas de Singapur".[10]

Gañadores do Gran Premio de Malaisia editar

Gañadores Múltiples (pilotos) editar

Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un

O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do CampionatoMundial de Fórmula 1.

Gañados Piloto Tempada
4   John MacDonald 1970, 1971, 1973, 1975
  Sebastian Vettel 2010, 2011, 2013, 2015
3   Michael Schumacher 2000, 2001, 2004
  Fernando Alonso 2005, 2007, 2012
2   Albert Poon 1963, 1965
  Andrew Miedecke 1981, 1982
  Kimi Räikkönen 2003, 2008

Gañadores Múltiples (construtores) editar

Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Gañadores Construtor Tempadas
7   Ferrari 1999, 2000, 2001, 2004, 2008, 2012, 2015
4   March 1972, 1977, 1978, 1979
  Ralt 1975, 1980, 1981, 1982
  Red Bull 2010, 2011, 2013, 2016
3   Brabham 1970, 1971, 1973
2   Lotus 1963, 1965
  Elfin 1968, 1969
  McLaren 2003, 2007
  Renault 2005, 2006

Ano por ano editar

O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira de 1962 chamouse "Malayan Grand Prix"

Ano Piloto Construtor Clase Localización Resultados
2017   Max Verstappen Red Bull - TAG-Heuer Fórmula 1 Sepang Resultados
2016   Daniel Ricciardo Red Bull - TAG Heuer Fórmula 1 Resultados
2015   Sebastian Vettel Ferrari Fórmula 1 Resultados
2014   Lewis Hamilton Mercedes Fórmula 1 Resultados
2013   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados
2012   Fernando Alonso Ferrari Fórmula 1 Resultados
2011   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados
2010   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados
2009   Jenson Button Brawn-Mercedes Fórmula 1 Resultados
2008   Kimi Räikkönen Ferrari Fórmula 1 Resultados
2007   Fernando Alonso McLaren-Mercedes Fórmula 1 Resultados
2006   Giancarlo Fisichella Renault Fórmula 1 Resultados
2005   Fernando Alonso Renault Fórmula 1 Resultados
2004   Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados
2003   Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Fórmula 1 Resultados
2002   Ralf Schumacher BMW Williams Fórmula 1 Resultados
2001   Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados
2000   Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados
1999   Eddie Irvine Ferrari Fórmula 1 Resultados
1998-
1996
Non celebrado
1995   Paul Stokell Reynard-Holden Formula Holden Shah Alam Resultados
1994-
1983
Non celebrado
1982   Andrew Miedecke Ralt-Ford Formula Pacific Shah Alam Resultados
1981   Andrew Miedecke Ralt-Ford Formula Pacific Resultados
1980   Steve Millen Ralt-Ford Formula Pacific Resultados
1979   Ken Smith March-Ford Formula Pacific Resultados
1978   Graeme Lawrence March-Ford Formula Pacific Resultados
1977   Patrick Tambay March-BMW Fórmula 2 Resultados
1975   John MacDonald Ralt-Ford Formula Atlantic Resultados
1974   John MacDonald Ralt-Ford Formula Pacific Resultados
1973   Sonny Rajah March-Ford Formula Pacific Resultados
1972   Harvey Simon Elfin-Ford Tasman Resultados
1971   John MacDonald Brabham-Ford Tasman Resultados
1970   John MacDonald Brabham-Ford Tasman Resultados
1969   Tony Maw Elfin-Ford Tasman Resultados
1968   Hengkie Iriawan Elfin-Ford Tasman Resultados
1967-
1966
Non celebrado porque o circuíto Thomson Road estaba agora no Singapur independente.

O Circuíto Thomson road celebrou o Gran Premio de Singapur ata 1973.

1965   Albert Poon Lotus Thomson Road Resultados
1964 Cancelado logo da práctica.
1963   Albert Poon Lotus Thomson Road Resultados
1962   Yong Nam Kee Jaguar Resultados

Notas editar

  1. "Petronas extends Malaysian race sponsorship". formula1.com. 1 de setembro de 2010. Consultado o 2 de setembro de 2010. 
  2. "Shah Alam 1968-84". e-Tracks. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  3. "The second coming of Schumacher Malaysian Grand Prix: Ferrari's talisman returns to poll position and can have a big say in title race". The Independent. 17 de outubro de 1999. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  4. "GRAND PRIX RESULTS: MALAYSIAN GP, 1999". grandprix.com. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  5. "Statistics: Kms, The less". statsf1.com. 05-04-2009. Consultado o 05-04-2009. 
  6. "2017 race to be Malaysia's F1 farewell". formula1.com. Consultado o 7 de abril de 2017. 
  7. "France and Germany return as 2018 F1 calendar revealed". www.formula1.com. 19 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  8. "Malaysia considering dropping Grand Prix". Grand Prix Times. 24 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  9. Gray, James (2017-10-01). "Why is the Malaysian Grand Prix getting CANCELLED? Last race explained". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2017-10-01. 
  10. "Malaysian Grand Prix: Sepang to drop off F1 calendar after 19 years of racing". BBC Sport. Consultado o 7 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar