Gran Premio de Italia de 2021

O Gran Premio de Italia de 2021 (coñecido oficialmente como o XCII Heineken Gran Premio d'Italia) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 12 de setembro de 2021 no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia.[3] Foi a décimo cuarta carreira do campionato de 2021 e o segundo Gran Premio en Italia da tempada, despois do Gran Premio da Emilia-Romaña o 18 de abril.[4] o noventa e un Gran Premio de Italia e o septuaxésimo primeiro Gran Premio de Italia celebrado en Monza.

Italia Gran Premio de Italia de 2021
Detalles da carreira
Carreira 14 de 22[a] no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.
Trazado do circuíto de Monza.
Trazado do circuíto de Monza.
Data 12 de setembro 2021
Nome oficial XCI Gran Premio Heineken d'Italia
Localización Circuíto de Monza, Monza,Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´793 km
Distancia 53 voltas, 306´720 km
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull - Honda
Tempo Asollado
Volta rápida
Piloto Australia Daniel Ricciardo McLaren - Mercedes
Tempo 1:24.812 na volta 53
Podio
Primeiro Australia Daniel Ricciardo McLaren - Mercedes
Segundo Lando Norris McLaren - Mercedes
Terceiro Finlandia Valtteri Bottas Mercedes

Antecedentes editar

 
Vista aérea do Autodromo Nazionale Monza.

O evento, que se celebrou a fin de semana do 10 ao 12 de setembro no Autodromo Nazionale Monza, foi a décimo cuarta carreira do Campionato do Mundo de 2021. A carreira tivo lugar unha semana despois do Gran Premio de Holanda e precedeu ao Gran Premio de Rusia. Foi o Gran Premio de casa de Antonio Giovinazzi, Ferrari e AlphaTauri. Pierre Gasly foi o vencedor da carreira anterior, ao gañar o evento 2020.

Participantes editar

Os pilotos e os equipos foron os mesmos que a lista de inscricións da tempada coa única excepción de Kimi Räikkönen, substituído por Robert Kubica, como sucedeu no Gran Premio dos Países Baixos de 2021, cando Räikkönen deu positivo en coronavirus.[5][6]


Pneus dispoñibles editar

Pneus dispoñibles para Monza
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros (Tipo C2)
 
sans_cadre
Medios (Tipo C3)
 
Brandos (Tipo C4)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Formato de fin de semana editar

O evento foi o segundo, de tres, en implementar un novo formato de fin de semana.[7] A primeira carreira en usar este formato foi o Gran Premio do Reino Unido.[8] O cambio de formato significa que o 1º adestramento libre e a clasificación teñen lugar o venres. O 2º adestramento libre e a clasificación ao sprint ten lugar o sábado, mentres que a carreira é o único evento do domingo.[9]

A cualificación ao sprint é unha carreira de 100 km. que decidide a orde de saída da carreira o domingo, neste evento equivale a 18 voltas.[10][11] A orde da grella para a cualificación de sprint decidirase a través da sesión de clasificación normal da Q1, Q2, Q3. A clasificación final da carreira de clasificación ao sprint sera a grella de saída da carreira. O gañador da cualificación ao sprint sera o pole. Ademais, a clasificación por sprint otorga puntos aos tres primeiros clasificados: 3 para o 1º, 2 para o 2º e 1 para o 3º.[12] O límite de tempo máximo é de 60 minutos e se aplican os límites normais de fluxo de combustible.[13] Os tres primeiros clasificados ao sprint tamén recibirían unha recompensa polos seus esforzos.[14]

Cualificación editar

Clasificación editar

A cualificación tivo lugar ás 18:00 CEST o 10 de setembro.[15] As tres quendas da cualificación remataron sen incidentes importantes. Ao final da primeira parte da cualificación, Lewis Hamilton foi o máis rápido, con Valtteri Bottas segundo e [[[Lando Norris]] terceiro. A segunda parte da cualificación fixo que Hamilton, Bottas e Norris fosen primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. A parte final da cualificación fixo que Bottas fose o máis rápido, con Hamilton segundo e Max Verstappen terceiro.[16]

Clasificación da cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación} SQ
grella
Q1 Q2 Q3
1 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:20.685 1:20.032 1:19.555 1
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:20.543 1:19.936 1:19.651 2
3 33   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 1:21.035 1:20.229 1:19.966 3
4 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:20.916 1:20.059 1:19.989 4
5 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:21.292 1:20.435 1:19.995 5
6 10   Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:21.440 1:20.556 1:20.260 6
7 55   Carlos Sainz Ferrari 1:21.118 1:20.750 1:20.462 7
8 16   Charles Leclerc Ferrari 1:21.219 1:20.767 1:20.510 8
9 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 1:21.308 1:20.882 1:20.611 9
10 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:21.197 1:20.726 1:20.808 10
11 5   Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 1:21.394 1:20.913 11
12 18   Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 1:21.415 1:21.020 12
13 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 1:21.487 1:21.069 13
14 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:21.500 1:21.103 14
15 63   George Russell Williams-Mercedes 1:21.890 1:21.392 15
16 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:21.925 16
17 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 1:21.973 17
18 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:22.248 18
19 88   Robert Kubica Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:22.530 19
20 9   Nikita Mazepin[b] Haas-Ferrari 1:22.716 20
107% tempo: 1:26.181
Fonte:[18][19]

Cualificación ao Sprint editar

A clasificación ao Sprint tivo lugar ás 16:30 CEST o 11 de setembro.[9]

Clasificación da cualificación ao Sprint editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos Grella
1 77   Valtteri Bottas Mercedes 18 27:54.078 1 3 19[20]
2 33   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 18 +2.325s 3 2 1
3 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 18 +14.534s 5 1 2
4 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 18 +18.835s 4 3
5 44   Lewis Hamilton Mercedes 18 +20.011s 2 4
6 16   Charles Leclerc Ferrari 18 +23.442s 8 5
7 55   Carlos Sainz Ferrari 18 +27.952s 7 6
8 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 18 +31.089s 10 7
9 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 18 +31.680s 9 8
10 18   Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 18 +38.671s 12 9
11 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 18 +39.795s 13 10
12 5   Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 18 +41.177s 11 11
13 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 18 +43.373s 14 12
14 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 18 +45.977s 16 13
15 63   George Russell Williams-Mercedes 18 +46.821s 15 14
16 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 18 +49.977s 17 15
17 88   Robert Kubica Alfa Romeo Racing-Ferrari 18 +62.599s 19 16
18 9   Nikita Mazepin[b] Haas-Ferrari 18 +65.096s 20 17
19 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 18 +66.154s 18 18
Ret 10   Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 0 Colisión 6 PL[21]
Volta rápida:
Fonte:[19][22][23]

Carreira editar

A carreira comezou ás 15:00 CEST do 12 de setembro. [15] Daniel Ricciardo pasou a Max Verstappen na saída, para tomar a dianteira da carreira. Hamilton tamén pasou de Lando Norris ao principio, logrando o terceiro posto. Hamilton intentou adiantar a Verstappen na curva 4, pero foi obrigado a sairse da pista, facendo que perdera posicións ante Verstappen e Norris.[24] Máis abaixo da grella, Antonio Giovinazzi saíu da pista na curva 5 e reincorporouse á pista na trazada de Carlos Sainz, contactando entre eles. Giovinazzi trompeou e golpeou a barreira, perdendo a á dianteira.[25] Giovinazzi recibiu unha penalización de 5 segundos por reincorporarse á pista de xeito inseguro.[26] Ricciardo mantivo a Verstappen detrás durante 21 voltas, ata que entrou en boxes a montar pneumáticos duros na volta 22. Verstappen entrou nos boxes na seguinte volta, pero levoulle 11,1 segundos debido a un problema co pneumático dianteiro. Mentres Verstappen estaba nos boxes, Hamilton superou a Norris, o que provocou que Norris entrase a boxes. Norris saíu dos boxes antes de Verstappen, e Hamilton entrou a montar pneumáticos medianos na seguinte volta. A parada de Hamilton tamén foi lenta, parando durante 4,2 segundos. Debido a isto, Norris foi capaz de pasalo, e Hamilton acabou costado con costado con Verstappen na saída do pit e na curva 1. Verstappen axustouse na curva 2, saltando por encima dun bordo de salchichas e contactando co pneumático traseiro esquerdo de Hamilton, lanzando o coche de Verstappen ao aire e caendo encima de Hamilton. Os dous pilotos resultaron ilesos, pero víronse obrigados a retirarse da carreira.[27] Esta foi a primeira retirada de Hamilton desde o Gran Premio de Austria de 2018.[28] O accidente provocou a saída do coche de seguridade. Charles Leclerc e George Russell aproveitaron para entrar en boxes durante o período do coche de seguridade, resultando que Leclerc e Russell saíron dos boxes no segundo e no noveno lugar, respectivamente. No reinicio do coche de seguridade, Norris superou a Leclerc para subir ao segundo posto. Poucas voltas despois, Sergio Pérez Mendoza intentou un adiantamento sobre Leclerc na curva 4, pero saíuse da pista. Pérez obtivo o terceiro posto de Leclerc, pero recibiu unha penalización de 5 segundos por abandonar a pista e lograr vantaxe.[29] Na volta 34, Valtteri Bottas superou a Leclerc para ocupar o cuarto posto. Pérez aguantou a Bottas ata o final da carreira, pero baixou ao quinto posto despois da carreira debido á súa penalización. Ricciardo terminou primeiro, gañando a súa primeira carreira desde o Gran Premio de Mónaco de 2018,[30] e logrando a primeira vitoria de McLaren desde o Gran Premio do Brasil de 2012. Norris terminou segundo, converténdoo nun dobrete para McLaren, o primeiro desde o Gran Premio do Canadá de 2010.[31] Bottas completou os postos do podio, rematando a carreira en terceiro lugar.[32][33]

Despois da carreira, Verstappen e Hamilton foron convocados polos comisarios polo seu accidente. Os comisarios decidiron que Verstappen era o principal culpable e sancionárono cunha penalización de 3 postos na grella para a seguinte carreira en Sochi, así como 2 puntos de penalización na súa súper licenza.[34]

Clasificación da carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 53 1:21:54.365 2 26[35]
2 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 53 +1.747 3 18
3 77   Valtteri Bottas Mercedes 53 +4.921 19 15
4 16   Charles Leclerc Ferrari 53 +7.309 5 12
5 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 53 +8.723[36] 8 10
6 55   Carlos Sainz Ferrari 53 +10.535 6 8
7 18   Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 53 +15.804 9 6
8 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 53 +17.201 10 4
9 63   George Russell Williams-Mercedes 53 +19.742 14 2
10 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 53 +20.868 12 1
11 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 53 +23.743 13
12 5   Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 53 +24.621 11
13 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 53 +27.216 7
14 88   Robert Kubica Alfa Romeo Racing-Ferrari 53 +29.769 17
15 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 53 +51.088 18
Ret 9   Nikita Mazepin[b] Haas-Ferrari 41 Unidade de potencia 16
Ret 44   Lewis Hamilton Mercedes 25 Colisión 4
Ret 33   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 25 Colisión 1
Ret 10   Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 3 Suspensión PL
NTS 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 0 Freos -[37]
Volta rápida:   Daniel Ricciardo (McLaren-Mercedes) – 1:24.812 (volta 53)
Font:[23][32][38]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. O plan da Fórmula Un para celebrar vinte e dous Grandes Premios segue suxeito á cancelación das roldas debido á pandemia COVID-19 e á substitución das roldas canceladas.[1][2]
  2. 2,0 2,1 2,2 Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.[17]
Referencias
  1. Richards, Giles (12 de agosto de 2021). "F1's off-track drama heats up as Covid threatens to scupper busy schedule". The Guardian. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. Benson, Andrew (6 de xullo de 2021). "Australian Grand Prix: Formula 1 race and Moto GP round called off". BBC Sport. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  3. "Italian Grand Prix 2021 - F1 Race". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  4. "F1 Schedule 2021 - Official Calendar of Grand Prix Races". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  5. "2021 Italian Grand Prix – Entry List" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 9 de setembro de 2021. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  6. "Raikkonen ruled out of Italian Grand Prix, with Kubica set to deputise again for Alfa Romeo". Formula1.com. 8 de setembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  7. Valantine, Henry (2021-07-22). "Monza confirmed as second sprint qualifying test venue". PlanetF1 (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  8. "SILVERSTONE HOST FIRST SPRINT QUALIFYING AT THE 2021 FORMULA 1 BRITISH GRAND PRIX". Silverstone (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  9. 9,0 9,1 "Session times confirmed for Italian GP – including F1 Sprint at Monza | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  10. "F1's sprint qualifying: How does it work and when is it happening?". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  11. Barretto, Lawrence (9 de setembro de 2021). "Everything you need to know about the F1 Sprint format as it returns this weekend at Monza". Formula1. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  12. "Official: Points-paying Sprint Qualifying races approved by F1 Commission · RaceFans". RaceFans (en inglés). 2021-04-26. Consultado o 2021-09-05. 
  13. "What is F1's new sprint race and how will it work?". The Race (en inglés). 2021-07-14. Consultado o 2021-09-05. 
  14. "Revealed: The special celebration planned for the F1 Sprint top 3 – with a classic flavour | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  15. 15,0 15,1 "Italian Grand Prix 2021 - F1 Race". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2021-09-05. 
  16. "2021 F1 Italian Grand Prix – Free Practice 2 results". RacingNews365 (en inglés). Consultado o 2021-09-11. 
  17. Luke Smith (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling extends to F1". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  18. "Formula 1 Heineken Gran Premio d'Italia 2021 – Qualifying". F1. 10 de setembro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  19. 19,0 19,1 "Formula 1 Heineken Gran Premio d'Italia 2021 – Sprint Grid". F1. 10 de setembro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  20. Valtteri Bottas comezou a carreira desde a parte traseira da grella por superar a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  21. Pierre Gasly recibiu unha penalización de cinco prazas por un cambio de caixa de cambios non programado. Tamén foi requirido para comezar a carreira desde a parte traseira da grella por superar a súa cota de elementos da unidade de potencia. Logo foi requirido para comezar a carreira desde o pit lane para unha nova especificación de almacenamento de enerxía.
  22. "Formula 1 Heineken Gran Premio d'Italia 2021 – Sprint". F1. 11 de setembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2021. 
  23. 23,0 23,1 "Formula 1 Heineken Gran Premio d'Italia 2021 – Starting Grid". F1. 11 de setembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2021. 
  24. "RACE START REPLAY: Ricciardo takes the lead from polesitter Verstappen as Italian GP gets under way | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-09-12. 
  25. Fans, Scuderia (2021-09-12). "Video: onboard with Carlos Sainz for Giovinazzi's lap 1 crash in 2021 Italian GP". Scuderia Fans (en inglés). Consultado o 2021-09-12. 
  26. "Offence - Car 99 - Re-joining the track in an unsafe manner" (PDF). FIA. Consultado o 2021-09-12. 
  27. "WATCH: Huge drama at Monza as Hamilton and Verstappen take each other out of the Italian GP | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-09-12. 
  28. Horton, Philip (12 de setembro de 2021). "Halo ‘saves Lewis Hamilton’s life’, Verstappen sanctioned at F1 Italian Grand Prix". Autoweek. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2021. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  29. "Offence - Car 11 - Leaving the track and gaining an advantage" (PDF). FIA. Consultado o 2021-09-12. 
  30. "WATCH: The moment Daniel Ricciardo takes McLaren's first victory since 2012". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  31. Horton, Philipp (12 de setembro de 2021). "After 3,213 Days, McLaren Finally Wins a F1 Grand Prix". Autoweek. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2021. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  32. 32,0 32,1 "Formula 1 Heineken Gran Premio d'Italia 2021 – Race Result". Formula1.com. 12 de setembro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  33. "RACE HIGHLIGHTS: Watch all the action from a dramatic Italian Grand Prix at Monza". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  34. "Offence - Car 33 - Causing a collision" (PDF). FIA (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  35. Inclúe un punto para a volta rápida.
  36. Sergio Pérez Mendoza terminou terceiro, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por deixar a pista e lograr unha vantaxe.
  37. Yuki Tsunoda non comezou a carreira. O seu posto na grella quedou baleiro.
  38. "Formula 1 Heineken Gran Premio d'Italia 2021 – Fastest Laps". Formula1.com. 12 de setembro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 2021
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio de Rusia de 2021
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2020
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2022