Gran Premio de Bélxica

O Gran Premio de Bélxica (en neerlandés:Grote Prijs van België, francés:Grand Prix de Belgique, alemán:Großer Preis von Belgien) é unha carreira automobilística, que forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica
Representación esquemática
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
DeporteFórmula 1 e Formula One racing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889Coordenadas: 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude7,003 km Editar o valor em Wikidata
PaísBélxica Editar o valor em Wikidata
Vixencia1925 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialspagrandprix.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: SpaGrandPrix Editar o valor em Wikidata

A primeira carreira nacional de Bélxica celebrouse en 1925 no circuíto da rexión de Spa, unha área do país que foi asociada co deporte do motor desde os primeiros anos das carreiras. Para dar cabida ao Gran Premio de automobilismo, o Circuíto de Spa-Francorchamps foi construído en 1921, pero só se utilizaba para as carreiras de motos ata 1924. Tras o éxito de 1923 das 24 Horas de Le Mans en Francia, unha carreira similar de 24 horas de resistencia, organizouse no circuíto de Spa, as 24 Horas de Spa.

Aos pilotos e aos afeccionados encántalles o Gran Premio de Bélxica. Desde a súa creación, Spa-Francorchamps foi famoso polo seu clima impredicible. Houbo un momento na súa historia en que choveu no Gran Premio de Bélxica durante vinte anos seguidos. Con frecuencia os pilotos fan fronte a unha parte do trazado que é clara e brillante, mentres que outro tramo é de choivas e esvaradío. A maioría dos pilotos din que o trazado de Spa é o circuíto máis desafiante que queda no calendario da F1.

O Gran Premio de Bélxica foi designado como Gran Premio de Europa seis veces entre 1925 e 1973, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa.

Historia editar

Circuíto orixinal de Spa editar

En 1925, o primeiro Gran Premio de Bélxica foi gañado por Antonio Ascari cuxo fillo Alberto gañou a carreira en 1952 e 1953. Desafortunadamente, logo de gañar a carreira de Bélxica, Antonio Ascari morrería na súa seguinte carreira no Gran Premio de Francia. En 1939, a carreira cobrouse a vida do piloto británico Richard "Dick" Seaman, mentres lideraba a carreira. Durante a carreira de 1960 Chris Bristow e Alan Stacey perderon a vida en incidentes separados, este último nun suceso anormal cando foi golpeado na cara por un paxaro.

O Gran Premio de Bélxica previsto para o 8 de xuño de 1969 como parte da tempada de Fórmula Un de 1969 en Spa foi suspendido despois de que Jackie Stewart visitara o circuíto en nome da Grand Prix Drivers' Association e esixe moitas melloras nas barreiras de seguridade e na superficie da estrada, co fin de facer a pista segura para as carreiras. Como os donos da pista foron incapaces de facer estas melloras, os equipos de Fórmula 1 británicos e italianos retiráronse da carreira, e foi cancelada a principios de abril. Unha última carreira celebrouse alí en 1970, coa instalación temporal de barreiras e unha chicane en Malmedy, pero isto non foi o suficiente bo para a Fórmula Un, e a carreira tivo que trasladarse.

Recolocación editar

En 1972 Spa foi considerado demasiado perigoso para a Fórmula 1. Tras esta decisión, os belgas decidiron alternar o seu Gran Premio entre o Autódromo de Zolder e un circuíto sen personalidade como o Circuíto de Nivelles-Baulers cerca Bruxelas. A primeira carreira en Nivelles foi gañada por Emerson Fittipaldi, pero aínda que a pista era segura, xerou pouco entusiasmo en comparación co vello e magnífico circuíto de Spa. Zolder acolleu a carreira o ano seguinte e foi gañado por Jackie Stewart. A Fórmula Un volveu a Nivelles en 1974, unha vez máis, a carreira foi gañada por Emerson Fittipaldi, pero logo dese evento os organizadores víronse incapaces de soster un Gran Premio en Nivelles e a pista desapareceu da escena das carreiras.

Despois, a carreira volveu a Zolder. O Gran Premio de Bélxica celebrouse alí outras nove veces. Niki Lauda conseguiu regresar ás vitorias na pista en 1975 e 1976, e en 1977 Gunnar Nilsson obtivo a súa única vitoria na F1 en Zolder. Ao ano seguinte, Mario Andretti gañou a carreira con Lotus. En 1979, Jody Scheckter gañou a carreira no seu Ferrari. En 1980 Didier Pironi converteuse en gañador por primeira vez na pista no seu Ligier. A carreira de 1981 gañada por Carlos Reutemann foi caótica, un mecánico morto na rúa de boxes, unha folga de pilotos e logo un accidente na liña de saída. Zolder sempre será recordado, con todo, como o lugar onde Gilles Villeneuve morreu en 1982. John Watson gañou a carreira con McLaren, un ano máis tarde o reconstruído circuíto de Spa foi aberto para as carreiras e o Gran Premio de Bélxica volveu alí. O Gran Premio de Bélxica de 1982 celebrouse en Zolder. En 1983, a carreira volveu a Spa antes de regresar a Zolder en 1984. Esta foi a última carreira de F1 celebrada en Zolder con Michele Alboreto obtendo a vitoria final alí. En 1985, o Gran Premio de F1 de Bélxica volveu a Spa-Francorchamps, onde permanece desde entón.

Moderno Spa editar

O Campión do Mundo Michael Schumacher, fixo o seu debut en Spa en 1991 e alí gañou a súa primeira carreira de F1 en 1992, tamén gañou o seu 52º Gran Premio en Spa en 2001, superando a marca de Alain Prost de 51 vitorias. Schumacher tamén gañou o título do seu sétimo Mundial de Pilotos en Spa en 2004. Non houbo Gran Premio de Bélxica en 2003 debido ás leis do país coa publicidade do tabaco, pero regresou á programación de novo en 2004.

Outra carreira notable foi o Gran Premio de Bélxica de 1998, que levouse a cabo en condicións torrenciais. A carreira detívose logo dun accidente masivo que involucrou a trece dos vinte e dous corredores na primeira curva. As fortes choivas causaron baixa visibilidade, e Michael Schumacher bateu na parte de atrás do coche de David Coulthard, cousa que enfureceu a Schumacher tanto que irrompeu no garaxe de McLaren para facer fronte a Coulthard, alegando que había tratado de matalo. Coulthard admitiu máis tarde que fora a súa culpa, debido á súa inexperiencia (a pesar de ser o seu cuarto ano na Fórmula Un). Só oito pilotos clasificáronse ó final (dous dos cales cinco voltas atrás, un dos cales foi Coulthard) e Damon Hill conseguiu unha memorable vitoria por diante do seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher rexistrando a primeira vitoria do equipo Jordan de Fórmula Un na súa historia, ademais acadando os 1º e 2º posto para rematar.

En 2006, a FIA anunciou que o Gran Premio de Bélxica non sería parte da tempada de Fórmula Un de 2006, xa que as autoridades locais comezaran os traballos dunha importante reparación en Spa-Francorchamps. O Gran Premio de Bélxica volveu en 2007, cando Kimi Raikkonen logrou a pole position e a súa terceira vitoria consecutiva no Gran Premio belga.

En 2008, Felipe Massa de Ferrari quedou en segundo lugar detrás de Lewis Hamilton. Pero, os comisarios decidiron logo da carreira aplicar un drive-through a Hamilton (é dicir, unha sanción de 25 segundos). Isto deixou a Hamilton na terceira posición por detrás do Ferrari de Felipe Massa e do BMW Sauber de Nick Heidfeld. McLaren apelou a decisión, pero foi rexeitada xa que non é lícito apelar sancións de drive-through. A decisión dos comisarios foi moi criticada, o ex campión do mundo Niki Lauda cualificouna de "completamente equivocado", "estúpido" e "malo para o deporte".

Gañadores do Gran Premio de Bélxica editar

Gañadores múltiples (pilotos) editar

Gañados Piloto anos
6   Michael Schumacher 1992, 1995, 1996, 1997, 2001, 2002
5   Ayrton Senna 1985, 1988, 1989, 1990, 1991
4   Jim Clark 1962, 1963, 1964, 1965
  Kimi Räikkönen 2004, 2005, 2007, 2009
  Lewis Hamilton 2010, 2015, 2017, 2020
3   Juan Manuel Fangio 1950, 1954, 1955
  Damon Hill 1993, 1994, 1998
  Sebastian Vettel 2011, 2013, 2018
  Max Verstappen 2021, 2022, 2023
2   Alberto Ascari 1952, 1953
  Emerson Fittipaldi 1972, 1974
  Niki Lauda 1975, 1976
  Alain Prost 1983, 1987

Gañadores múltiples (construtores) editar

Equipos en letra grosa están competindo actualmente no campionato de Fórmula Un. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Un fondo crema indica que unha carreira foi parte do Campionato de Europa da pre- guerra.

Gañados Construtor Ano
18   Ferrari 1952, 1953, 1956, 1961, 1966, 1975, 1976, 1979, 1984, 1996, 1997, 2001, 2002, 2007, 2008, 2009, 2018, 2019
13   McLaren 1968, 1982, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1999, 2000, 2004, 2005, 2010, 2012
8   Lotus 1962, 1963, 1964, 1965, 1972, 1977, 1978, 1985
7   Mercedes 1935, 1939, 1955, 2015, 2016, 2017, 2020
6   Red Bull 2011, 2013, 2014, 2021, 2022, 2023
4   Alfa Romeo 1925, 1947, 1950, 1951
  Williams 1981, 1986, 1993, 1994
3   Bugatti 1930, 1931, 1934
2   Maserati 1933, 1954
  Benetton 1992, 1995

Por ano editar

Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Un fondo crema indica que unha carreira foi parte do Campionato de Europa da pre- guerra.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2023   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT Spa-Francorchamps Resultados
2022   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT Resultados
2021   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda Resultados
2020   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2019   Charles Leclerc Ferrari Resultados
2018   Sebastian Vettel Ferrari Resultados
2017   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2016   Nico Rosberg Mercedes Resultados
2015   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2014   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault Resultados
2013   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2012   Jenson Button McLaren-Mercedes Resultados
2011   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2010   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2009   Kimi Räikkönen Ferrari Resultados
2008   Felipe Massa Ferrari Resultados
2007   Kimi Räikkönen Ferrari Resultados
2006 Non celebrado
2005   Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
2004   Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
2003 Non celebrado
2002   Michael Schumacher Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
2001   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2000   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados
1999   David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados
1998   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda Resultados
1997   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1996   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1995   Michael Schumacher Benetton-Renault Resultados
1994   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1993   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1992   Michael Schumacher Benetton-Ford Resultados
1991   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1990   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1989   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1988   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1987   Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1986   Nigel Mansell Williams-Honda Resultados
1985   Ayrton Senna Lotus-Renault Resultados
1984   Michele Alboreto Ferrari Autódromo de Zolder Resultados
1983   Alain Prost Renault Spa-Francorchamps Resultados
1982   John Watson McLaren-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1981   Carlos Reutemann Williams-Ford Resultados
1980   Didier Pironi Ligier-Ford Resultados
1979   Jody Scheckter Ferrari Resultados
1978   Mario Andretti Lotus-Ford Resultados
1977   Gunnar Nilsson Lotus-Ford Resultados
1976   Niki Lauda Ferrari Resultados
1975   Niki Lauda Ferrari Resultados
1974   Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Nivelles Resultados
1973   Jackie Stewart Tyrrell-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1972   Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Nivelles Resultados
1971 Non celebrado
1970   Pedro Rodríguez de la Vega BRM Spa-Francorchamps Resultados
1969 Non celebrado
1968   Bruce McLaren McLaren-Ford Spa-Francorchamps Resultados
1967   Dan Gurney Eagle-Weslake Resultados
1966   John Surtees Ferrari Resultados
1965   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1964   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1963   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1962   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1961   Phil Hill Ferrari Resultados
1960   Jack Brabham Cooper-Climax Resultados
1959 Non celebrado
1958   Tony Brooks Vanwall Spa-Francorchamps Resultados
1957 Non celebrado
1956   Peter Collins Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1955   Juan Manuel Fangio Mercedes Resultados
1954   Juan Manuel Fangio Maserati Resultados
1953   Alberto Ascari Ferrari Resultados
1952   Alberto Ascari Ferrari Resultados
1951   Giuseppe Farina Alfa Romeo Resultados
1950   Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Resultados
1949   Louis Rosier Talbot Spa-Francorchamps Resultados
1948 Non celebrado
1947   Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Spa-Francorchamps Resultados
1946   Eugène Chaboud Delage Resultados
1945
-
1940
Non celebrado
1939   Hermann Lang Mercedes-Benz Spa-Francorchamps Resultados
1938 Non celebrado
1937   Rudolf Hasse Auto Union Spa-Francorchamps Resultados
1936 Non celebrado
1935   Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Spa-Francorchamps Resultados
1934   René Dreyfus Bugatti Spa-Francorchamps Resultados
1933   Tazio Nuvolari Maserati Spa-Francorchamps Resultados
1932 Non celebrado
1931   William Grover-Williams
  Caberto Conelli
Bugatti Spa-Francorchamps Resultados
1930   Louis Chiron Bugatti Spa-Francorchamps Resultados
1929
-
1926
Non celebrado
1925   Antonio Ascari Alfa Romeo Spa-Francorchamps Resultados

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar