Gran Lago Salgado

Coordenadas: 41°10′00″N 112°35′00″O / 41.166666666667, -112.58333333333

O Gran Lago Salgado (inglés Great Salt Lake) é un lago localizado na parte setentrional do estado de Utah, nos Estados Unidos de América, cuxa característica principal é unha salinidade elevada, maior do que a dos océanos. Salt Lake City sitúase na beira leste do lago. Ten unha superficie aproximada de 4400 km², é pouco profundo, cunha media de 4 metros. A auga é moi salgada, entre 4 e 8 veces máis que o océano. A altitude do lago é de 1280 metros, nunha rexión árida privada de toda influencia oceánica polas Montañas Rochosas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.