Gosho Aoyama (青山剛昌, あおやま ごうしょう, Aoyama Gōshō) naceu o 21 de xuño de 1963 na prefectura de Tottori no Xapón e é debuxante de manga coñecido por ser o creador de O detective Conan.

Infotaula de personaGosho Aoyama

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 青山剛昌 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 青山 剛昌 Editar o valor em Wikidata
21 de xuño de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nihon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDebuxante de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanimador , artista de banda deseñada , Mangaka Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMinami Takayama (pt) Traducir (2005–2007) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgamf.jp Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1108327 Editar o valor em Wikidata

Perfil editar

  • Alcume: Gosho Aoyama
  • Nome real: Aoyama Yoshimasa (青山剛昌, あおやま よしまさ)
  • Data de nacemento: 21 de xuño de 1963
  • Lugar: Daiei, prefectura de Tottori (Xapón)
  • Estatura: 1,74 metros
  • Grupo sanguíneo: B

Biografía editar

Aoyama comezou a debuxar cando aínda era un estudante de Belas Artes na Universidade de Nihon, onde entrou a formar parte do club de manga. Alí coñeceu a Yutaka Abe, un afeccionado ó manga, que lle animou a seguir debuxando. Nun primeiro intre a intención de Aoyama era entrar na facultade como profesor de Arte pero tralos eloxios de Abe tomouse en serio a idea de ser debuxante de manga.

Tras rematar a carreira debutou coa obra Chotto Mattete, que foi publicada na revista Shonen Sunday en inverno de 1987. Máis tarde publicaría, tamén na mesma revista, Magic Kaito.

As súas obras editar

  • Tell me a Lie (私にウソをついて, Watashi ni Uso wo Tsuite)
  • O detective Conan (名探偵コナン, Meitantei Conan)
  • Magic Kaito (まじっく快斗, Majikku Kaito; protagonizada polo famoso ladrón Caco Kid)
  • Yaiba
  • Historias curtas de Gosho Aoyama