Gose (cervexa)

tipo de cervexa alemá

Gose é unha varuiedade de cervexa de fermentación alta orixinaria da zona do Harz (comarca de Goslar, Baixa Saxonia).

Botella de cervexa gose producida en Leipzig
Cervexa gose elaborada en Bonn

Esta cervexa é moi coñecida nas cidades de Dessau, Halle e Leipzig.

Seu nome procede do río Gose que, coas súas augas contribuía na antigüidadde á elaboración desta cervexa.

Características editar

O seu sabor é moi similar ao da Berliner Weiße, con lixeiras tonalidades ácidas debidas ao uso de bacterias lácticas xunto co lévado na fermentación. Non debe confundirse esta cervexa coa Gueuze belga aínda que teña un sabor e un nome similares; é moi posíbel que a receita da súa elaboración sexa moi similar. Xeralmente utilízase metade de malta de cebada e metade de malta de trigo para elaborar o mosto.

A diferenza da Berliner ten un sabor salgado debido á auga usada na súa elaboración, aínda que tamén se pode agregar sal para lograr este efecto. Adicionalmente engádense sementes de cilantro (Coriandrum sativum) e pequenas cantidades de lúpulo.[1]

Historia editar

Esta variedade mencionouse por primeira vez o 27 de marzo de 1332 nun documento do Mosteiro de Ilsenburg, aínda que rumores mencionan que Otón III, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico xa gozaba de tal variedade ao redor do ano 1000. Noutro documento escríbese que a cidade de Goslar enviaba un barril de cervexa Gose a Gerhard von Berg, o bispo de Hildesheim.

A cervexa Gose elabórase masivamente desde comezos do século XVIII na cidade de Goslar. A finais do século XIX fíxose moi famosa en Leipzig, sendo unha das "marcas" adoptadas desde entón. Orixinariamente a receita de elaboración da cervexa Gose era mediante fermentación espontánea, e unha descrición de 1740 menciona: "Die Gose stellt sich selber ohne Zutuung Hefe oder Gest" ("A Gose fermenta sen a adición de lévedo"). Nos anos 1880 os elaboradores de cervexa empezaron a cambiar a receita cunha fermentación alta.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibloiografía editar

  • Otto Kröber (1912): Die Geschichte der Gose und die Chronik der Gosenschänke Leipzig-Eutritzsch. Den „Freunden der Gose“ freundlichst überreicht. Leipzig.
  • Gose-Häppchen. 12 Kapitel Bier- und Kneipengeschichte. Dargereicht in der Gosenschänke "Ohne Bedenken" zu deren Hundertjahrfeier (1899–1999), ofrecido pola tenda de viños de Axel Frey e Bernd Weinkauf, Leipzig, 1999.

Ligazóns externas editar