Google AdWords é o método que emprega para facer publicidade patrocinada, conta con enormes cantidades de clientes con webs de todo tipo e de todas partes do mundo. Son anuncios que amosan de forma relevante nos resultados da busca do usuario (por exemplo: se o usuario buscou “coches”, a dereita ou arriba das páxinas indexadas por PageRank aparecerán anuncios referentes a “coches”). Google cobra ao cliente por cada clic feito sobre o seu anuncio. AdWords non só aparece no buscador de Google, senón tamén nas páxinas patrocinadas por Google AdSense, se o contido de ditas webs se relaciona co da web do cliente, e en Gmail.

AdWords é basicamente o corazón da facturación de Google, ofrecendo un método de publicidade intelixente para o cliente, posto que o custo será “un espello” do tráfico gañado na web grazas a Google.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar