Google+, pronunciado e escrito ás veces como Google Plus, tamén abreviado como G+, é un servizo de rede social operado pola compañía estadounidense Google. Google+ lanzouse en xuño de 2011. Nun principio, os usuarios tiñan que ser maiores de 13 anos de idade,[1] para crear as súas propias contas. Google+ é a terceira rede social con máis usuarios no mundo, non pola súa popularidade senón pola ligazón con YouTube, obtendo arredor de 343 millóns de usuarios activos.

Logo de Google+.

Google anunciou o peche definitivo en abril de 2019[2] por motivos relacionados con erros de seguridade no acceso a datos privados de usuarios afectados, que poderían ascender até o medio millón de contas.

Google+ integra distintos servizos: círculos, Hangouts, intereses e comunidades.[3] Google+ tamén estará dispoñible como unha aplicación de escritorio e como unha aplicación móbil, pero só nos sistemas operativos Android e iOS. Fontes como The New York Times declarárono o maior intento de Google para competir coa rede social Facebook,[4] a cal tiña máis de 750 millóns de usuarios en 2011.[5] O 20 de setembro de 2011, Google permitiu a creación de contas a usuarios con máis de 18 anos, con melloras nas súas extensións de videoconferencias.[6]

Notas editar

  1. "Google is newest addition to social network". thereporteronline.net. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2013. 
  2. Thacker, David (10 de decembro de 2018). "Expediting changes to Google+". Google: The Keyword (company blog) (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  3. "Official Google+ Website". Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  4. "Another Try by Google to Take On Facebook". The New York Times. 28 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  5. "Facebook Statistics". 6 de xullo de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  6. "Google abrió su red social". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar