Gonzalo Lorenzo

futbolista galego
(Redirección desde «Gonzalo Lorenzo Codesido»)

Gonzalo Lorenzo Codesido, nado en Pontevedra, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Era irmán dos tamén futbolistas Edelmiro e O'Donell Lorenzo Codesido e tío do tamén xogador do Celta Telesforo Lorenzo Gama.

Infotaula de personaGonzalo Lorenzo
Biografía
NacementoPontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsO'Donell Lorenzo Codesido e Edelmiro Lorenzo Codesido Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a xogar en Pontevedra, no Eiriña CF, ao igual que os seus dous irmáns. Xunto a eles emigrou pouco despois a Cuba para xogar no Iberia da capital cubana, equipo co que gañou o campionato nacional.

A súa volta a Galiza volveu xogar no Eiriña, ata o verán de 1933 cando ficha polo Celta de Vigo, por aquel entón baixo a dirección de José María Peña.

Xa na primeira tempada tivo un papel moi importante no equipo, que se proclama campión do Campionato Galego e se clasifica para a promoción de ascenso a Primeira División, ese ano anotaría un total de 24 goles en 34 encontros, entre eles cinco tantos ao Deportivo Alavés no campionato de Segunda División.

Na tempada 1935/36 o equipo acada o ascenso a Primeira División tras proclamarse campión da categoría, sendo Gonzalito un dos xogadores máis utilizados. Porén non chegou a debutar na máxima categoría, xa que a Guerra Civil paralizou a competición oficial, polo que esa foi a última tempada de Gonzalo no Celta, tras 86 encontros e 50 goles.

Tras rematar a tempada 1933/34 da Segunda División o Celta afrontou a Copa de España. Na segunda eliminatoria desta competición Gonzalo enfrontouse aos seus dous irmáns Edelmiro e O'Donell, que por aquel entón xogaban no RCD Espanyol.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar