Gonzalo Jar Couselo

garda civil e politólogo galego

Gonzalo Jar Couselo, nado en Lérez (Pontevedra) o 14 de agosto de 1949 e finado en Madrid o 25 de decembro de 2009 foi un Xeneral de División da Garda Civil e doutor en Ciencias políticas, sendo un destacado intelectual que publicou numerosas e relevantes obras sobre temas militares, policiais e de dereito humanitario.

Infotaula de personaGonzalo Jar Couselo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1949 Editar o valor em Wikidata
Lérez, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Xeral Militar
Academia de Oficiais da Garda Civil
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngarda civil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Luz Rodríguez Medel
FillosDous, Ana e Marta Jar

Dialnet: 296252

Traxectoria editar

Vida profesional como militar editar

Naceu fronte ao mosteiro de San Salvador de Lérez, onde estaba situada a súa casa familiar. Fixo os seus primeiros estudos no Colexio da Inmaculada de Pontevedra. Fillo de Garda Civil, ingresou na Academia Xeral do Exército en Zaragoza, para pasar despois á Academia de Oficiais da Garda Civil en El Escorial e Aranjuez. Tivo o seu primeiro emprego como Tenente da Garda Civil nos anos 1972 e 1973 na Academia de Gardas de San Lorenzo del Escorial, para ser nomeado seguidamente Tenente Xefe de Liña de Pola de Lena (Asturias), e en 1977 incorporarse como Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico de Lugo. Finalmente, en 1979 instálase en Torrelavega, Cantabria, como Capitán Xefe da Compañía desta cidade.[1]

En 1981 inicia a súa etapa docente como capitán profesor primeiro, e comandante despois, na Academia de Cabos de Guadarrama (até 1989) e na Academia de Promoción de San Lorenzo del Escorial (entre 1989 e 1993). En 1993, con motivo do ascenso a Tenente Coronel, trasládase a Madrid, instalándose na Dirección Xeral da Garda Civil, que será o seu domicilio até o seu falecemento.

A partir de aí ocupou diferentes empregos na súa condición de Garda Civil, primeiro durante un ano no Gabinete do Director Xeral da Garda Civil, no Gabinete de Estudos e Prospectiva da Secretaría de Estado de Seguridade, no Ministerio do Interior, e, finalmente, entre 1997 e 1999 na Subdirección Xeral de Persoal.

En 1999 chegou á Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos, organismo autónomo adscrito á Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior, onde comezará como Xefe de Área, chegando a ocupar en 2003 o cargo de Secretario Xeral. Durante estes anos ascendeu a Coronel (2000), Xeneral de Brigada (2004) e Xeneral de División (2008). Baixo o seu mandato como máximo responsable da Xerencia de Infraestruturas do Ministerio do Interior xestionou a construción e posta en marcha da nova Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Formación académica e publicacións editar

 
Escultura en Pontevedra en homenaxe ao Xeneral Jar.

En 1984 obtén a Diplomatura en Criminoloxía, á que seguirá o inicio dos estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, que finalizarán coa lectura da súa tese sobre o modelo policial español, obtendo coa máxima cualificación o Doutoramento en Ciencias Políticas. A tese sería publicada anos despois, en 1995. A partir deste momento comeza unha exitosa carreira profesional no ámbito académico, coa publicación de varios artigos e libros que profundan nos seus estudos policiais e de seguridade e participacións en conferencias e congresos en diferentes universidades e centros de estudo, españois, pero tamén estranxeiros (Países Baixos, Francia, Arxentina e República Dominicana).

Centro de Estudos de Dereito Internacional Humanitario (CEDIH) de Cruz Vermella. editar

Formou parte do Centro de Estudos de Dereito Internacional Humanitario (CEDIH) de Cruz Vermella. Neste centro desenvolveu as tarefas de divulgación do Dereito Internacional Humanitario, e estudos sobre Minas Antipersona, Bombas Acio e correspondentes de guerra. Participou como relator na Conferencia de Oslo que prohibiu as minas antipersoa. Ademais, estivo en Mozambique durante dous meses, impartindo cursos aos mandos militares do país africano, e tamén en México, e interveu como perito no xuízo na Audiencia Nacional pola morte do xornalista José Couso na guerra de Iraq.

Participación na asociación para a normalización lingüística do galego editar

Integrouse na asociación de funcionarios pola normalización lingüística do galego, iniciando unha serie de colaboracións, que incluíron publicacións, así como a súa participación en actos e reunións en defensa da lingua e cultura galega. As súas contribucións á normalización lingüística están recollidas na obra colectiva “En galego, con toda seguridade” e “En galego, agora e sempre”.

A súa traxectoria persoal de apoio aos dereitos humanos e o seu defensa da identidade galega, determinaron que a Irmandade Xurídica Galega decidise renderlle unha homenaxe, coa inauguración dun monumento erixido nun lugar próximo á súa casa familiar de Lérez. Entre o centenar de asistentes que se sumaron ao acto estaban o Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido; o presidente e o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Menéndez Estébanez e Aladro; o maxistrado do Tribunal Supremo de España, Luciano Varela Castro; o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, o portavoz municipal do PP, Telmo Martín, o Xefe Superior de Policía de Galicia, García Mañá e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.[2]

Vida persoal editar

Estaba casado con Mariluz Rodríguez Medel, e tiña dúas fillas, Ana e Marta Jar.

Distincións editar

  • Amigo de Pontevedra, título que lle foi concedido en 2004.
  • Monumento instalado en Pontevedra, constituído por unha estatua que representa o busto do Xeneral Jar, obra do escultor José Molares.[3]
  • Participou en dúas ocasións como membro do xurado nos Premios da Crítica en Mondariz.
  • En xullo de 2009 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.
  • Medalla de ouro da Cruz Vermella (a título póstumo).

Publicacións[4] editar

Libros editar

Artigos de revista editar

  • "La Guardia Civil en el primer tercio del siglo XX". Cuadernos de la Garda Civil: Revista de seguridad pública, n.º 43, 2011.
  • "Mujeres corresponsales de guerra". Cuadernos de periodistas: revista de la Asociación de la Prensa de Madrid, n.º 16, 2009.
  • "El Tratado de prohibición de las bombas de racimo". Revista Española de Derecho Militar, n.º 93, 2009.
  • "La participación de las gendarmerías en caso de conflicto armado: el caso de la GNR. portuguesa". Cuadernos de la Guardia Civil: Revista de seguridad pública, n.º 35, 2007.
  • "Los ejércitos como actores en las emergencias humanitarias". Revista española de derecho militar, n.º 90, 2007.
  • "La muerte de José Couso, ¿un crimen de guerra?" Cuadernos de periodistas: revista de la Asociación de la Prensa de Madrid, n.º 3, 2005.
  • "Periodistas y guerra: una perspectiva desde el Derecho Internacional Humanitario". Revista española de derecho militar, n.º 83, 2004.
  • "La protección de los periodistas en los conflictos armados". Tiempo de paz, n.º 68, 2003 (Exemplar dedicado a: La seguridad colectiva y el uso unilateral de la fuerza)
  • "El papel de la Policía en una sociedad democrática". REIS: Revista española de investigaciones sociológicas, n.º 85, 1999.
  • "Jueces-policías: problemas de relación entre poderes judicial y ejecutivo". Cuadernos de derecho judicial, n.º 7, 1998.
  • "La función social de la Guardia Civil". Cuadernos de trabajo social, n.º 7, 1994.
  • "La mujer en la Guardia Civil: Una perspectiva sociológica". REIS: Revista española de investigaciones sociológicas, n.º 59, 1992.
  • "La Guardia Civil en Navarra (18-07-1936)". Príncipe de Viana, ano n.º 52, n.º 192, 1991.

Obras colectivas editar

Publicou, así mesmo, numerosas colaboracións en obras colectivas.

Notas editar