O golfo de Suez (en árabe: خليج السويس; Árabe transliterado: Khalyj as-Suways, anteriormente بحر القلزم, baḥar al-qulzum, lit. "Mar da calma") é un golfo no extremo norte do Mar Vermello, ao oeste da Península do Sinaí. Situado ao leste da península do Sinaí está o máis pequeno Golfo de Aqaba. O golfo formouse dentro dun relativamente novo pero agora inactivo rift do Golfo de Suez, que data de fai 26 millóns de anos.[1] Esténdese por 300 km de norte a noroeste, terminando na cidade exipcia de Suez e na entrada ao Canle de Suez. Ao longo da liña media do golfo atópase a fronteira entre África e Asia.[2] A entrada do golfo atópase encima do xacemento petrolífero e de gas de Gemsa.[3]

Golfo de Suez
خليج السويس - Khalyj as-Suways
Localización administrativa
EstadoExipto Exipto
Localización xeográfica
Océano / MarMar Vermello (océano Índico)
ContinenteÁfrica- Asia
Accidentes
Golfos e baíasCanle de Suez
Características
Lonxitude máxima314 km
Anchura máxima32 km
Profundiade máxima18 m.
Profundidade media12 m.
Mapa

Localización do golfo de Suez

Mapa da rexión do golfo de Suez

Xeografía editar

O golfo ocupa o brazo noroeste do Mar Vermello entre África e a península do Sinaí. É o terceiro brazo do sistema da Tripla unión tectónica, o segundo brazo é o Golfo de Aqaba.

A lonxitude do golfo, desde a súa boca no Estreito de Gubal (nome alternativo: Estreito de Xubal).[4] á súa cabeceira na cidade de Suez, é de 314 km., e varía de ancho de 19 a 32 km..

Extensión editar

A Organización Hidrográfica Internacional define o límite meridional do Golfo como "Unha liña que vai desde Ras Muhammed (27°43'N) ata o punto sur da illa Shadwan (34° 02'E) e desde alí cara ao oeste en paralelo (27° 27'N) á costa de África".[5]

Xeoloxía editar

Artigo principal: golfo de Suez Rift.

O xacemento Gemsa descubríuse en 1869, pero non se explotou ata 1910. O campo de Hurghada comezou a explotarse en 1913. En 1998, máis de 1900 pozos foran perforados e se identificaron 120 xacementos.[6]

Atópanse tres grandes campos de petróleo no golfo: o xacemento petrolífero de Morgan descuberto en 1964, o xacemento de petróleo de Belayim descuberto en 1955 e o October Field descuberto en 1977.[7]:238.

Véxase tamén editar

  1. http://geoinfo.amu.edu.pl/wpk/geos/GEO_2/GEO_PLATE_T-37.HTML Detailed geological information on the Gulf
  2. "ISS EarthKAM: Images: Collections: Composite: Gulf of Suez, Egypt and Saudi Arabia". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2003. Consultado o 20 de outubro de 2018. 
  3. "USGS Open File Report OF99-50-A Red Sea Basin Province (Province Geology)". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 20 de outubro de 2018. 
  4. "Madiq jubal". Tageo.com database of geographic coordinate information. 
  5. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 
  6. Lindquist, Sandra (1998). The Red Sea Province: Sudr-Nubia(!) and Maqna(!) Petroleum Systems, USGS Open File Report 99-50-A. US Dept. of the Interior. pp. 6,8. 
  7. Lelek, J.J., Shepherd, D.B., Stone, D.M., and Abdine, A.S., 1992, October Field, In Giant Oil and Gas Fields of the Decade, 1978-1988, AAPG Memoir 54, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, ISBN 0891813330