«Gold Dust Woman»
canción de Fleetwood Mac
Lanzamento 1977
Formato {{{formato}}}
Gravada 1976
Xénero musical rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:51
Discográfica Reprise
Produtor(es) Fleetwood Mac, Richard Dashut e Ken Caillat
Escritor(es) Stevie Nicks
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Gold Dust Woman" é unha canción do álbum Rumours da banda británica Fleetwood Mac. Composta e cantada por Stevie Nicks foi editada como cara-b do sinxelo "You Make Loving Fun". Xunto con "Rhiannon" e "Dreams", é considerada a canción máis característica de Stevie Nicks nas súas gravacións con Fleetwood Mac.

Na edición especial de 2 discos de Rumours, editada no ano 2004, incluíronse dúas demos de "Gold Dust Woman", unha das cales conta cunha melodía de voces e unha letra distinta que máis tarde se converterían no tema independente "If You Ever Did Believe" no ano 1997. Nicks gravou esta canción coa súa amiga Sheryl Crow como parte das primeiras sesións para o seu álbum do 2001 Trouble in Shangri-La, pero o tema foi escollido como tema principal da película protagonizada por Nicole Kidman e Sandra Bullock Practical Magic. Ata a data o tema só esta dispoñible no álbum desa banda sonora.

A canción orixinal de 1977 apareceu no ano 2011 como tema descargable para o videoxogo Rock Band 3.

Versións editar

«Gold Dust Woman»
sinxelo de Hole
do banda sonora The Crow: City of Angels
Lanzamento verán de 1996
Formato {{{formato}}}
Gravada primavera de 1996
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración
Discográfica Geffen Records
Produtor(es)
Escritor(es)
Cronoloxía
«"Softer, Softest «Gold Dust Woman» «"Celebrity Skin
Miscelanea {{{miscelanea}}}