Going Postal é o título da 33ª novela da saga de Discworld de Terry Pratchett, publicada en 2004. Esta é a primeira novela que ten a Moist von Lipwig como protagonista. Estivo nomeada para o Premio Nébula á mellor novela no ano 2005.

Going Postal
Autor/aTerry Pratchett
CubertaPaul Kidby
OrixeInglaterra
LinguaInglés
ColecciónDiscworld
Xénero(s)Fantasía
Data de pub.2004
ISBNISBN
Precedido porA hat full of sky
Seguido porThud!
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Moist von Lipwig é un estafador moi dotado para o seu traballo, pero ó momento de inicia-la novela atópase nunha cela na cidade de Ankh-Morpork, baixo o pseudónimo de Alfred Spangler, esperando a súa quenda para a forca, por ter roubado AM$150.000. Despois de ser colgado, atópase no Despacho Oblongo, a oficina de Lord Vetinari, o cal lle ofrece unha elección, pode irse pola porta, ou tomar o posto como xefe da Oficina Postal de Ankh-Morpork.

Moist supón que a saída fácil, leva a unha vida que pode non durar demasiado, así que acepta o ofrecemento de Vetinari, asumindo que máis tarde pode fuxir. Cando acepta, dinlle que debe encontrarse co Sr Pump, o seu oficial de liberdade condicional. A través dunha Firma Karmica o Sr Pump é capaz de saber onde se atopa Moist en calquera momento, evitando o primeiro escape deste (un minuto despois de saír da oficina de Vetinari), e alí descobre que o Sr Pump é un gólem, e que o seu antigo nome é Pump 19 (en inglés Bomba hidráulica 19).

Con certa renuncia, Moist asume as tarefas do seu cargo, e a súa capacidade de manexar á xente, consegue primeiro coloca-la xente do correo do seu lado, e lentamente, a toda a cidade. Desde este posto introduce o concepto de selo. Para isto conta coa axuda dos dous estraños empregados do Correo, o ancián Carteiro Junior Groat, e o mozo Stanley, un coleccionista de alfinetes. Para a entrega do correo, inicialmente contrata golems, e aquí coñece a Adora Belle Dearheart, unha rapaza a cargo do Fondo Común de Golems, unha forza de traballo de golems libertos.

Antes de darse de conta, o correo está funcionando tan ben, que está competindo coa compañía de Clacks Grand Trunk no mercado local e dos Planos de Sto. O presidente do Grand Trunk é unha persoa sen escrúpulos chamado Reacher Gilt, a quen Moist rapidamente recoñece como un grande estafador, e xa que logo, comeza unha batalla para ver quen se queda co control das comunicacións na cidade.