Godzilla (filme de 2014)

Godzilla é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Gareth Edwards que se estreou no 2014. É unha versión baseada na historia do monstro xaponés Godzilla, e o filme está ambientado 15 anos despois de que un desastre nuclear no Xapón espertase dúas criaturas parasitas xigantes, coñecidas como "MUTOs", que están a buscarse entre elas para reproducirse, pero que sen querelo chaman a atención doutra criatura, meirande, máis destrutiva e antiga, un predador coñecido como "Godzilla", cuxa existencia foi mantida en segredo polo goberno dos Estados Unidos dende 1954. O filme conta a historia da orixe de Godzilla na era contemporánea como unha "arrepiante forza da natureza". Está protagonizado por Aaron Taylor-Johnson, Ken Watanabe, Elizabeth Olsen, Juliette Binoche, Sally Hawkins, David Strathairn e Bryan Cranston.

Godzilla
Ficha técnica
Título orixinalGodzilla
DirectorGareth Edwards
ProdutorThomas Tull
Jon Jashni
Mary Parent
Brian Rogers
GuiónMax Borenstein
Baseado enGodzilla de Toho
IntérpretesAaron Taylor-Johnson
Ken Watanabe
Elizabeth Olsen
Juliette Binoche
Sally Hawkins
David Strathairn
Bryan Cranston
MúsicaAlexandre Desplat
FotografíaSeamus McGarvey
MontaxeBob Ducsay
EstudioLegendary Pictures
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Toho (Xapón)
EstreaDolby Theatre: 8 de maio de 2014
16 de maio de 2014
Duración123 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[2][3]
XéneroCiencia ficción
Orzamento$160 000 000[4]
Recadación$524 976 069
Filme seguinteGodzilla: King of the Monsters
Na rede
http://www.godzillamovie.com
IMDB: tt0831387 Filmaffinity: 817101 Allocine: 179616 Rottentomatoes: m/godzilla_2014 Mojo: godzilla2012 Allmovie: v532210 TCM: 2000056 Metacritic: movie/godzilla-2014
Twitter: GodzillaMovie Netlix: 70297757Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

En 1954, o test das bombas de hidróxeno dos Estados Unidos foron usadas en realidade para destruír unha criatura xigante da superficie do océano. En 1999, os científicos do proxecto Monarch Ishiro Serizawa e Vivienne Graham investigan o colosal esqueleto atopado nunha mina de Filipinas. Dúas esporas con forma de ovos foron descubertas, unha delas aberta e cun claro rastro en dirección ó mar. No Xapón, a Planta Nuclear de Janjira experimenta actividade sísmica. Joe Brody, o supervisor da planta, envía a súa muller, Sandra, e un grupo de técnicos a comprobar os sensores do reactor. Cando o equipo está dentro, o reactor rompe, liberando radioactividade. Sandra e o seu equipo non son quen de escapar e a planta é destruída.

Personaxes editar

 
Aaron Taylor-Johnson.
 
Elizabeth Olsen.
 
Bryan Cranston.

Notas editar

  1. "GODZILLA | British Board of Film Classification". Bbfc.co.uk. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  2. "Film Review: ‘Godzilla’". Variety. A Warner Bros. release presented with Legendary Pictures of a Legendary Pictures production. 
  3. "Godzilla". Screen International. Consultado o 16 de maio de 2014. 
  4. BoxOfficeMojo.com

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar