Os Godeidos (Goodeidae, Jordan 1923) son unha familia de peixes teleósteos, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Son peixes de auga doce e endémicos de México e Nevada (Estados Unidos). Inclúe coñecidos peixes de acuario, como o Xenotoca eiseni (mexcalpique de cola vermella).

Xenotoca eiseni

Características editar

Son case todos vivíparos, con fecundación interna. Os machos presentan os radios anteriores da aleta anal fusionados, máis curtos e algo separados do resto da aleta, o que se interpreta como un posible órgano copulador primitivo denominado pseudophallus. As femias posúen un ovario único central (fusión dos dous ovarios). Os embrións e os individuos acabados de eclosionar presentan unha estrutura similar a un cordón denominada trophotaeniae, que funciona a modo dunha placenta.

Unha única aleta dorsal, algo posterior. Aletas pectorais de inserción baixa. Pedúnculo caudal ben diferenciado.

Detectouse unha redución significativa nas poboacións destes peixes nos últimos anos, principalmente debida a alteracións antropoxénicas do seu hábitat, como a contaminación, eutrofización e desertización. Esta redución cifrouse nun 80% [1].

Clasificación editar

Divídense en dúas subfamilias e 19 xéneros, con 40 especies:

  • Subfamilia Empetrichthyinae:
    • Xénero Crenichthys (Hubbs, 1932)
    • Xénero Empetrichthys (Gilbert, 1893)
  • Subfamilia Goodeinae:
    • Xénero Allodontichthys (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Alloophorus (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Allotoca (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Ameca (Miller e Fitzsimmons, 1971)
    • Xénero Ataeniobius (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Chapalichthys (Meek, 1902)
    • Xénero Characodon (Günther, 1866)
    • Xénero Girardinichthys (Bleeker, 1860 )
    • Xénero Goodea (Jordan, 1880)
    • Xénero Hubbsina (Bleeker 1860)
    • Xénero Ilyodon (Eigenmann, 1907)
    • Xénero Neoophorus (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Skiffia (Meek, 1902)
    • Xénero Xenoophorus (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Xenotaenia (Turner, 1946 )
    • Xénero Xenotoca (Hubbs e Turner, 1939)
    • Xénero Zoogoneticus (Meek, 1902)

Notas editar

  1. De la Vega-Salazar, M. Y. e Macías-García, C.: "Principal Factors in the decline of the Mexican endemic viviparous fishes (Goodeinae: Goodeidae)". Ch. 33 in: H. J. Grier & M. C. Uribe (Eds.) Viviparous Fishes. Proceedings of I and II International Symposia. New Life Publications, Homestead FL, USA.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar