God of War III é a terceira entrega en consolas de sombremesa da saga de videoxogos God of War, lanzado mundialmente para a PlayStation 3 o 16 de marzo de 2010[1][2]. O xogo, cronoloxicamente, é o quinto e último bloque da saga, despois de God of War: Chains of Olympus, God of War, God of War: Betrayal e God of War II.

God of War III
Desenvolvedor(es)Studios Santa Monica
Distribuidora(s)Sony Interactive Entertainment
Compositor(es)Gerard Marino
Lanzamento16 de marzo de 2010, 18 de marzo de 2010, 19 de marzo de 2010 e 25 de marzo de 2010
Xénerovideoxogo de acción e aventura e hack and slash
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)PlayStation 3 e PlayStation 4
Na rede
http://www.godofwar.com/fr_FR/index.htm#Home
IMDB: tt1199781 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Trailers editar

No evento dos videoxogos E3 de 2008 revelouse o primeiro trailer do xogo, ensinando ao personaxe principal, Kratos, nunha Grecia chea de moreas derruídas.

O 13 de febreiro de 2009, Sony realizou unha conferencia nos Anxos ensinando novas imaxes do xogo, informouse que a data oficial revelaríase no E3 2009 e ensinouse un novo trailer mostrando o enorme paso que deu a saga tanto en xogabilidade como nos gráficos e escenarios. Nesta conferencia Sony deu a coñecer a páxina Web oficial do xogo, na que se amosaron varios trailers e imaxes.

Introdución do xogo editar

O xogo comeza cunha narración feita por Zeus, que ensina cando os titáns soben ó Olimpo onde se ven ós deuses Poseidón (deus do Mar), Hermes (Mensaxeiro dos deuses), Zeus (o deus do Olimpo), Hades (Deus do inframundo) e Helios (Deus do Sol) na base do monte, e pouco despois amosan o titán gaia escadando o monte Olimpo. Ao final aparece Kratos, da mesma forma que no final de God of War II.

Sistema de xogo editar

O sistema de xogo é similar as anteriores entregas, mesturando o combate coa exploración e os crebacabezas, con certos trocos no control e coa posiblidade de usar diferentes armas e obxectos. Os poderes dos deuses e dos titáns foron substituídas por outro tipo de movementos especiais.

Armas editar

  • Espadas de Atenea: empréganse ao comezo do xogo e até a batalla con Poseidón, sendo substituídas polas Espadas do Exilio.
  • Espadas do Exilio: Obtidas do espectro de Atenea no inframundo.
  • Cestus de Nemea: Con forma de testa de león, conseguense tras derrotar a Hercules.
  • Gadoupas de Hades: Conseguense tras derrotar a Hades.
  • Látego de Némesis
  • Espada do Olimpo: Gran espada coa que se gañou a guerra entre titáns e deuses

Poderes editar

  • Arco de Apolo: Un arco e unha frecha de lume obtido tras queimar a Peirithous no inframundo.
  • Testa de Helios: Obtido tras arrincarlle a testa ó deus do sol.
  • Botas de Hermes: Adquiridas despois de matar a Hermes.

Notas editar

  1. "It’s Official, God of War III Will Be Attacking Stores on March 16th!". PlayStation.Blog (en inglés). 2010-01-28. Consultado o 2022-03-09. 
  2. "God of War III for PlayStation 3". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-02.  (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar