Gloquidio

Espiñas caducas e irritantes nos cactos opuntioideos

Os gloquidios son espiñas foliares delgadas, xeralmente pouco visíbeis, que posúen ao seu longo numerosas barbas retrorsas, é dicir, dirixidas cara á base do órgano en que están inseridas,[1] e son deciduas, que se encontran nas aréolas dos cactos opuntioideos (do xénero Opuntia e similares).[2]

Espiña e gloquidios dunha Opuntia sp.

Características editar

 
Esquema dun gloquidio

Trátase de tricomas unicelulares con pequenas pugas apicais retrorsas, que penetran facilmente nun corpo alleo (por exemplo, un dedo humano), pero que sae del con dificultade a causa desas pugas.[2]

Están constituídos por substacia periplasmódica.[3]

Conviven coas típicas espiñas foliares das cactáceas na mesma planta, que son máis grandes e están inseridas máis firmemente á areóla e non teñen barbas.

Os gloquidios dos cactos despréndense facilmente da planta, e péganse á pel de quen os toca, causando irritación ao contacto cos penachos que cobren algunhas especies. Cada penacho pode conter centos deles.

Etimoloxía editar

O termo é unha adaptación do latín científico glochidium, tirado da forma diminutiva do grego antigo γλωχίς glōchís "punta de frecha", "punta de tridente".[2]

Outros gloquidios editar

Tamén reciben o nome de gloquidios os apéndices aciculares semellantes aos tricomas anteditos, que se encontran en numerosas micrósporas dalgunhas salviniáceas e que facititan a unión das micrósporas, así como aos acúleos das costelas de certos froitos das umbelíferas.[2][4]

Notas editar

  1. Font Quer 1993, p. 944.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Font Quer 1993, p. 530.
  3. Strasburger 1994, p. 724.
  4. Strasburger 1994, pp. 724-725.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar