Gliese 176 b

planeta extrasolar
Gliese 176 b
Concepción artística de Gliese 176 b coma "Super Terra" quente.
Estrela Nai
Estrela Gliese 176
Constelación Taurus
Ascensión recta (α) 04h 42m 55.7768s
Declinación (δ) +18° 57′ 29.417″
Distancia 30.7 al
9,4 pc
Tipo espectral M2.5V
Características orbitais
Eixo Semi-maior (a) 0,066[1] UA
Excentricidade (e) 0
Período orbital (P) 8,7836 ± 0,0054[1] d
Último do periastro (T0) 2 454 399,79 ± 0,33 dx
Características físicas
Masa (m) 8.4[1] Mt)
Temperatura (T) ~450[1] K
Descubrimento
Descuberto por Endl, Forveille et al.
Data do descubrimento 07-09-2007
Método da detección Por velocidade radial
Status do descubrimento Publicado

Gliese 176 b é un planeta extrasolar do tipo Super-Terra que está aproximadamente a 31 anos luz de distancia, na constelación de Taurus. Este planeta orbita moi preto da súa estrela nai, a anana vermella Gliese 176 (tamén chamada "HD 285968").

O anuncio inicial confundiu a periodicidade planetaria coa periodicidade estelar de 40 días, dando un período de 10,24 días para un planeta de 25 masas terrestres.[2] Lecturas posteriores filtraron os datos da rotación da estrela, dando unha lectura máis precisa da órbita do planeta e unha masa mínima. O planeta orbita dentro da magnetosfera interior da súa estrela nai. A citada temperatura de 450 K é unha temperatura de "equilibrio térmico". [1]

Prevese que o planeta estea gobernado por un núcleo rochoso, pero a súa masa real é descoñecida. Se a órbita está orientada de tal xeito que o estamos a ver case de fronte, o planeta pode ser significativamente máis masivo do que indica o seu límite inferior de masa. Se é así, podería ter atraído un manto de gas coma Urano ou Gliese 436 b.[1]

Citas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 T. Forveille; et al. (2008). "The HARPS search for southern extra-solar planets : XIV. Gl 176b, a super-Earth rather than a Neptune, and at a different period". Astronomy & Astrophysics. arXiv:0809.0750v1. 
  2. Endl; Cochran, William D.; Wittenmyer, Robert A.; Boss, Alan P.; et al. (2008). "An m.sin i = 24 Earth Mass Planetary Companion to the Nearby M Dwarf GJ 176". The Astrophysical Journal 673 (2): 1165–1168. Bibcode:2008ApJ...673.1165E. arXiv:0709.0944. doi:10.1086/524703. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar