Glenn Robinson

baloncestista estadounidense

Glenn "Big Dog" Robinson, nado o 10 de xaneiro de 1973 en Gary, Indiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense retirado en 2005. Con 2,01 metros de alzada xogaba de aleiro.

Glenn Robinson
Posición Ala
Dorsal 13, 31, 3
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Nacemento 10 de xaneiro de 1973 (51 anos)
Gary, Indiana
Carreira
Universidade Purdue
NBA Draft 1994 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Milwaukee Bucks
Tempadas 19942005
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     14 234
Rebotes     4 189
Asistencias     1 879
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Instituto e universidade editar

Na súa etapa de instituto conseguiu levar ao seu instituto a gañar o campionato estatal de Indiana, sendo incluído no prestixioso McDonald's All-American Team, que cada ano designa aos mellores xogadores de instituto dos Estados Unidos. Acudiu á Universidade de Purdue, onde permaneceu dous anos, entre 1992 e 1994, sendo, no último ano, galardoado co recoñecido premio Naismith College Player of the Year, ou o que é o mesmo, mellor universitario do ano, tras facer 30,3 puntos e 10,1 rebotes por partido, sendo o mellor da súa conferencia en ambas as categorías.

Profesional editar

Tras só dous anos como universitario, declarouse elegible no Draft da NBA de 1994, sendo escollido como número 1 por Milwaukee Bucks, asinando un contrato por 10 anos e 68 millóns de dólares. Na súa primeira tempada foi nomeado en dúas ocasións rookie do mes, e finalmente elixido no mellor quinteto de novatos, sendo o que mellor media de anotación tivo entre estes, con 21,9 puntos por partido; a pesar destas estatísticas individuais, (o premio de Rookie do Ano foi outorgado a Jason Kidd e a Grant Hill). En 1996 foi seleccionado para disputar co equipo estadounidense os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, pero non puido participar nos mesmos por mor dunha lesión.

Xunto a Ray Allen e Sam Cassell formou un trío demoledor en Milwaukee, coñecidos como "The Big Three". Foron os artífices de que o seu equipo chegase ás finais da Conferencia Leste en 2001. Robinson é o segundo máximo anotador en toda a historia dos Bucks, excedendo os 20 puntos por partido en 7 das 8 tempadas que permaneceu alí.

Foi traspasado a Atlanta Hawks en 2002, e ao ano seguinte de novo tivo que facer as maletas para ir parar a Philadelphia 76ers, onde se perdeu máis de media tempada por mor dunha grave lesión. Foi traspasado de novo a New Orleans Hornets onde non chegou a xogar, e finalmente foi fichado para reforzar o tiro exterior dos San Antonio Spurs ao final da tempada 2004-2005, conseguindo con eles o seu único anel de campión da NBA. Nas súas once tempadas como profesional conseguiu unhas medias de 20,7 puntos e 6,1 rebotes por partido.

Equipos editar

Logros persoais editar

  • Gañador do premio ao Mellor Universitario do Ano en 1994.
  • Elixido no mellor quinteto de rookies en 1995.
  • Campión da NBA en 2005.
  • Dúas veces All Star.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar