Gleisi Hoffmann
Gleisi Helena Hoffmann, nada en Curitiba o 6 de setembro de 1965, é unha avogada e política brasileira, era xefa da Casa Civil (especie de coordenación dos ministerios) dende o 7 de xuño de 2011, nomeada pola presidenta Dilma Rousseff.[1] É membro do Partido dos Trabalhadores, o PT, dende 1989.[2] Foi casada co político Paulo Bernardo.[3]
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Gleisi Helena Hoffmann 6 de setembro de 1965 (58 anos) Curitiba, Brasil |
Deputado federal pelo Paraná (pt) | |
1 de febreiro de 2019 – Lexislatura: 56ª legislatura do Congresso Nacional do Brasil (pt) | |
Ministro da Casa Civil (pt) | |
8 de xuño de 2011 – 2 de febreiro de 2014 | |
Senador do Paraná (pt) | |
1 de febreiro de 2011 – 31 de xaneiro de 2019 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Centro Universitário Curitiba (pt) Universidade Tecnológica Federal do Paraná (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Brasilia |
Ocupación | avogada , política , ministro |
Partido político | Partido dos Traballadores |
Lingua | Lingua portuguesa e portugués do Brasil |
Familia | |
Cónxuxe | Paulo Bernardo (1998–2019) |
Páxina web | gleisi.com.br |
En 1987, iniciou a graduación en Dereito da Facultade de Dereito de Curitiba e, a continuación, obtivo especialización en Xestión de Organizacións Públicas e Administración financeira na Asociación Brasileira de Orzamento público e na Escola Superior de Asuntos Fazendários do Ministerio de Facenda.
En 1999, foi secretaria de Reestruturación Administrativa, no Estado de Mato Groso do Sur. Foi tamén directora financeira da Encoro hidroeléctrico de Itaipú Binacional. Tornouse presidente do PT no Estado do Paraná. En 2010, elixiuse para o cargo de senadora.
Coa petición de dimisión de Antonio Palocci o 7 de xuño de 2011, Gleisi foi, o mesmo día, indicada ministra-xefe da Casa Civil.
Notas editar
- ↑ "Gleisi Hoffmann, la avogada que quiso ser monja". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 11 de setembro de 2011.
- ↑ Conheça a trajetória política de Gleisi Hoffmann. O Estado de São Paulo (7 de xuño de 2011).
- ↑ "Gleisi anuncia separação de Paulo Bernardo". Paraná Portal. 9 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2021.