Un gladiador (en latín gladiator), "home de espada", era un combatente armado que entretiña ó público da República e do Imperio Romano en violentos enfrontamentos con outros gladiadores, animais salvaxes e criminais condenados. Algúns gladiadores eran voluntarios que arriscaban a súa posición social e legal e as súas vidas por estar na area. A maioría eran escravos desprezados, educados en condicións adversas, socialmente marxinados e segregados mesmo na morte.

Parte do mosaico de Zliten, en Libia (Leptis Magna), do século II.

Independentemente da súa orixe, os gladiadores ofrecían ós espectadores un exemplo da ética marcial de Roma, e loitando ou morrendo ben podían inspirar admiración e aclamación popular. Foron representados na arte culta e popular, e o seu valor como guerreiros foi conmemorado en numerosos obxectos de todo o mundo romano.

A orixe dos combates de gladiadores é un tema a debate. Hai evidencias deles nos ritos funerarios durante as Guerras púnicas do século -III, e posteriormente, axiña se converteronnunha característica esencial da política e da vida social no mundo romano. A súa popularidade levou a que os xogos fosen cada vez máis luxosos e caros.

Os xogos acadaron o seu apoxeo entre o século -I e o século II, mais finalmente decaeron no século V despois da adopción do cristianismo como a Igrexa do Imperio Romano no ano 380, aínda que os espectáculos con bestas (venatio) continuaron ata o século VI.

Reconstrución moderna editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar