Un glóbulo de Bok é unha nube escura de gas e po denso no cal ás veces ten lugar a formación de estrelas. Os glóbulos de Bok atópanse nas rexións H II, e teñen usualmente unha masa de entre 2[1] a 50 masas solares e comprenden rexións do arredor dun ano luz.[2] Conteñen hidróxeno molecular (H2), óxidos carbono e helio, e ó redor do 1% (de masa) de po de silicatos. Os cúmulos de Bok están frecuentemente asociados ó nacemento de sistemas estelares binarios ou triplos.[3]

Unha imaxe de glóbulos de Bok na rexión H II IC 2944, tomada polo instrumento óptico WFPC2 a bordo do Telescopio Espacial Hubble.

Os glóbulos de Bok foron observados por primeira vez polo astrónomo Bart Bok nos anos 40. O seu traballo foi publicado no 1947, Bok e E.F. Reilly facían a hipótese de que estas nubes eran semellantes ás "pupas dos insectos" que baixo un colapso gravitacional poden formar novas estrelas.[4] Esta hipótese era moi difícil de verificar debido ás dificultades de observación destas nubes, xa que estas nubes escuras bloquean totalmente o espectro visible da luz que se emite dentro del. Unha análise de observacións preto do infravermello publicadas no 1990 confirmou que poderían existir estrelas nacendo no interior destes glóbulos.[5] Observacións posteriores amosaron que algúns glóbulos de Bok conteñen fontes mornas,[2] algúns conteñen obxectos de Herbig-Haro,[6] e algúns amosan execcións de gas molecular.[7] Estudos das ondas milimétricas da liñas de emisión deron coma resultado a comprobación da evidencia do colapso de material ó redor dunha protoestrela en crecemento.[8]

Os glóbulos de Bok están aínda baixo unha intensa busca. Coñecendo que son uns dos obxectos máis fríos no universo (tan fríos coma 8 kelvin), a súa estrutura e densidade permanecen no misterio.

Notas editar

  1. Michael Szpir (Maio-Xuño do 2001). American Scientist, ed. "Bart Bok's Black Blobs". Arquivado dende o orixinal o 29-06-2003. Consultado o 19-11-2008. Bok globules such as Barnard 68 are only about half a light-year across and weigh in at about two solar masses 
  2. 2,0 2,1 Clemens D.P., Yun, J.L., Heyer M.H. (1991). Bok globules and small molecular clouds – Deep IRAS photometry and (C-12)O spectroscopy, Astrophysical Journal Supplement, v.75, p.877.
  3. Launhardt R., Sargent A.I., Henning T., et al. (2002). Binary and multiple star formation in Bok globules, Proceedings of IAU Symposium No. 200 on The Formation of Binary Stars. Eds Reipurth & Zinnecker, p.103.
  4. Bok, B. J., Reilly, E. F. (1947). Small Dark Nebulae, Astrophysical Journal, v.105, p.255.
  5. Yun J.L., Clemens D.P. (1990). Star formation in small globules – Bart Bok was correct, Astrophysical Journal, v.365, p.L73.
  6. Reipurth, B., Heathcote, S., & Vrba, F. (1992), Star formation in Bok globules and low-mass clouds. IV - Herbig-Haro objects in B335, Astronomy & Astrophysics, v.256, p.225.
  7. Yun, J. L., & Clemens, D. P. (1992). Discovery of outflows from young stellar objects in BOK globules, Astrophysical Journal, v.385, p.L21.
  8. Zhou, S., Evans, N. J., II, Kömpe, C., & Walmsley, C. M. (1993). Evidence for protostellar collapse in B335, Astrophysical Journal, v.404, p.232.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar