Giovanni Pico della Mirandola

Giovanni Pico della Mirandola naceu en Ferrara o 24 de febreiro de 1463 e faleceu o 17 de novembro do ano 1494, en Florencia. Foi un humanista e pensador italiano.

Infotaula de personaGiovanni Pico della Mirandola

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1463 Editar o valor em Wikidata
Mirandola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 1494 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteVeleno Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMuseu Nacional de São Marcos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Mirandola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña
Universidade de Padua
Universidade de Ferrara (pt) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoRenacemento Editar o valor em Wikidata
ProfesoresElia del Medigo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaFamília Pico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGianfrancesco I Pico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Giulia Boiardo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCatarina Pico della Mirandola (pt) Traducir, Galeotto I Pico (en) Traducir, Antonio Maria Pico della Mirandola (en) Traducir e Lucrezia Pico della Mirandola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1660132 Discogs: 1526765 IMSLP: Category:Pic_de_la_Mirandole,_Jean Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na universidade de Boloña e, só con 14 anos de idade, publicou "As Decretais". Viaxou polo territorio italiano e máis tarde por Francia, onde tamén asistiu á universidade. Estudou linguas: grego, árabe, hebreo e mais caldeo, con afán de poder entender o Corán, a Cábala, os oráculos caldeos e os diálogos platónicos nos seus textos orixinais.

En 1485, durante a súa estadía en París, leu os traballos do Averroes, o filósofo e teólogo axarita que introducira o pensamento aristotélico en Occidente. Alá, ocorréuselle a idea de unificar as tradicións culturais superviventes naquela época. No ano seguinte, xa de volta a Italia, con só vinte e tres anos, raptou en Arezzo a esposa de Giuliano Moriotto de Medicis, un parente dos Medicis florentinos, feito polo que foi perseguido, atacado e ferido.

A fins do ano 1486, publicou en Roma as súas Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae, coñecidas como as 900 teses. Trátase de novecentas proposicións recollidas das máis diversas fontes culturais, tanto de filósofos e teólogos latinos coma de árabes, dos peripatéticos e dos platónicos. Incluíu aínda os pensadores esotéricos, como Hermes Trimegist, e tamén os libros hebreos. A obra ía precedida dunha introdución, que titulou Discurso sobre a dignidade do home, texto que se converteu nun clásico, no cal Pico formula tres dos ideais do Renacemento: o dereito inalienable á discrepancia, o respecto polas diversidades culturais e relixiosas e, finalmente, o dereito ao medramento e o enriquecemento da vida a partir da diferenza.

En canto ás teses, a súa intención era demostrar que o cristianismo era o punto de converxencia das tradicións culturais, relixiosas, filosòficas e teolóxicas máis diversas. O seu propósito era que estas novecentas conclusións se discutisen en Roma, despois da Epifanía de 1487, por homes doctos de todo o mundo, para inaugurar unha paz filosófica entre os cultivadores de todas as doutrinas.

Porén, trece das teses foron consideradas "sospeitosas de herexía". O papa vencellounas coa maxia cabalística, prohibindo que seguise adiante o debate. Pico non tivo mellor idea que escribir unha Apoloxía, na cal defendeu as teses cuestionadas, de forma que os doutores clericais consideraron aquilo un acto de soberbia e teimudez. Xulgado e condenado por herexía, Pico foi escomungado, ante o cal escapou para Francia, onde foi detido e conducido á cadea de Vincennes.

O herdeiro do trono de Francia, o futuro rei Carlos VIII, intercedeu no seu favor, polo que foi liberado. Logo disto, aceptou unha invitación de Lourenzo o Magnífico de Medicis (1449-1492), banqueiro, político e mecenas italiano, para instalarse en Florencia. No ano 1489 finalizou o Heptaplus, relato místico da creación do Universo, e que versa sobre a Xénese, no cal tentaba desentrañar os seus significados máis recónditos.

Dous anos máis tarde, en 1491, con vinte e oito anos de idade, renunciou aos seus bens, entregándose a un profundo fervor relixioso. O papa Alexandre VI admitiuno de novo no seo da Igrexa católica. Mais Pico non renunciou a ningunha das súas teses. Ingresou na Orde dos Predicadores, cuxos hábitos chegou a vestir pouco antes da súa morte, acontecida aos trinta e un anos en Florencia, o 17 de novembro de 1494.

Véxase tamén editar