Gil Scott-Heron
Gilbert Scott-Heron, nado en Chicago (Illinois) o 1 de abril de 1949 e finado en Nova York o 27 de maio de 2011, foi un poeta e músico estadounidense. Foi principalmente coñecido a finais da década do 1960 e principio dos anos 1970 polas súas actuacións de poesía cantada e falada, relacionadas cos activistas afroamericanos. Foi famoso polo seu poema-canción "The Revolution Will Not Be Televised" (A revolución non será televisada).
Traxectoria editar
Pasou a infancia en Tennessee e fixo os estudos secundarios no Bronx de Nova York. Logo dun ano na Lincoln University de Pensilvania, marchou a Londres. Alí publicou a súa primeira novela, The Vulture. En 1970 iniciouse no mundo da música co LP Small Talk at 125th and Lenox, que incluía diatribas agresivas contra os medios corporativos manexados polos brancos, a superficialidade da televisión e o consumismo, e a ignorancia da clase media dos Estados Unidos sobre os problemas das cidades do interior en cancións como "Whitey on the Moon".
Obra editar
Discografía editar
- Small Talk at 125th and Lenox (1970)
- Pieces of a Man (1971)
- Free Will (1972)
- Winter in America (1974)
- The Revolution Will Not Be Televised (1974)
- The First Minute of a New Day (Midnight Band) (1975)
- From South Africa to South Carolina (1975)
- It's Your World (Live) (1976)
- Bridges (1977)
- Secrets (1978)
- The Mind of Gil Scott-Heron (1979)
- 1980 (1980)
- Real Eyes (1980)
- Reflections (1981)
- Moving Target (1982)
- The Best of Gil Scott-Heron (1984)
- Tales of Gil Scott-Heron and His Amnesia Express (1990)
- Glory: The Gil Scott-Heron Collection (1990)
- Minister of Information (1994)
- Spirits (1994)
- The Gil Scott-Heron Collection Sampler: 1974-1975 (1998)
- Ghetto Style (1998)
- Evolution and Flashback: The Very Best of Gil Scott-Heron (1999)
- I'm New Here (2010)
Literatura editar
- The Vulture (1970)
- Small Talk at 125th and Lenox (1970)
- The Nigger Factory (1972)
- So Far, So Good (1990)
- Now and Then: The Poems of Gil Scott-Heron (2001)
- I'm New Here (2010)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gil Scott-Heron |