Giambologna

escultor italiano

Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, nado en Douai en 1529[1] e finado en Florencia en 1608, foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.

Infotaula de personaGiambologna

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean de Boulogne Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1529 Editar o valor em Wikidata
Douai, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de agosto de 1608 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura, arquitectura e Manierismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , arquitecto Editar o valor em Wikidata
MovementoManierismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJacques Dubrœucq Editar o valor em Wikidata
AlumnosHans Mont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua italiana e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Discogs: 4162486 Editar o valor em Wikidata
Giambologna, retrato por Hendrick Goltzius

Traxectoria editar

Formado no seu país, Flandres, na cidade de Antuerpen, no obradoiro do escultor Jacques Dubroeucq,[2] no 1550 marchou para Roma, con obxectivo de estudar as estatuas antigas conservadas en coleccións privadas e máis as obras de Miguelánxelo. Precisamente o contacto coa arte do grande artista italiano fixo desenvolver no mozo flamengo a propensión a representacións de figuras con forte tensión dinámica.

Á volta da súa viaxe, Giambologna detívose en Florencia, sendo hospedado polo mecenas Bernardo Vecchietti. Nesta cidade estudou as esculturas de Tribolo e dr Pierino da Vinci e foi presentado por Vecchietti na corte de Francesco I de' Medici.

Nos primeiros anos de traballo para os Medici, que lle pagaron un salario mensual desde 1561, Giambologna realizou esculturas para espectáculos públicos e mais obras de pequeno tamaño, en mármore e bronce, para coleccións.

Logo de participar no concurso para a Fonte de Neptuno na Praza da Signoria (gañado por Ammannati), realizou a súa primeira obra de notábeis dimensións Sansón e un filisteo.

Outras cidades italianas confiáronlle importantes comandas públicas, tales Lucca, Xénova e Boloña.

Il Giambologna foi o máis importante dos escultores da época do maneirismo e o grande legado que deixou na cidade de Florencia fixo que a súa maneira fose seguida bastante tempo despois da súa morte.

Obras (selección) editar

 
Mercurio, Louvre, París

Galería editar

Notas editar

  1. O seu nacemento sitúase xa no c. 1524; véxase Lawrence Gowing, ed., Biographical Encyclopedia of Artists, v.2 (Facts on File, 2005): 257.
  2. R. Wellens, Jacques du Broeucq, sculpteur et architecte de la renaissance (Brussels) 1962

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A. Rudigier, B. Truyols: Giambologna. Court Sculptor to Ferdinando I. His art, his style and the Medici gifts to Henri IV, Londres, 2019, ISBN 978-1-912168-14-9.
  • Gloria Fossi, et al., Italian Art, Florencia, Giunti Gruppo Editoriale, 2000, ISBN 978-1-912168-14-9.
  • Giambologna, 1529–1608: sculptor to the Medici: an exhibition organised by the Arts Council of Great Britain etc., catálogo editado por Charles Avery e Anthony Radcliffe. Londres, Arts Council of Great Britain, 1978, ISBN 0-7287-0180-4.