Gertie the Dinosaur

Gertie the Dinosaur é unha curtametraxe animada de 1914 dirixida por Winsor McCay que inspirou a varias xeracións de animadores. Aínda que non foi o primeiro debuxo animado, como algunhas fontes din, foi o primeiro en presentar un personaxe con personalidade propia. O personaxe principal diferénciase dos creados anteriormente por Blackton e Cohl, e convértese no predecesor dos creados posteriormente por Walt Disney. Foi ademais o primeiro debuxo animado en ser creado utilizando key frame.

Gertie the Dinosaur
Póster
Ficha técnica
Título orixinalGertie the Dinosaur
DirectorWinsor McCay
ProdutorWinsor McCay
GuiónWinsor McCay
IntérpretesWinsor McCay
George McManus
Roy McCardell
Thomas A. Dorgan
Tom Powers
Estrea1914
Duración12 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroAnimación
Na rede
IMDB: tt0004008 Filmaffinity: 954520 Allocine: 30329 Allmovie: v151281 Editar o valor em Wikidata

A curtametraxe foi seleccionada para a súa preservación no National Film Registry dos Estados Unidos, e foi posta no sexto posto do libro 50 Greatest Cartoons creado en 1994 polo historiador Jerry Beck e cos votos de varios especialistas.[1]

Vodevil editar

A película.
 
Gertie levanta a McCay.

Gertie the Dinosaur foi creado orixinalmente para ser usado nos vodevil de McCay. McCay comezou a dar charlas en 1906, baseándose no seu traballo como caricaturista de periódicos. En 1911 empezou a presentar animacións, primeiro unha de Little Nemo in Slumberland, logo How a Mosquito Operates. Gertie foi anunciado en 1912. En xaneiro de 1914, os debuxos foron fotografados por Vitagraph Studios. A primeira presentación foi no Teatro Palace de Chicago o 8 de febreiro de 1914; logo foi presentado no Teatro Hammerstein de Nova York.

A presentación consistía en McCay interactuando con Gertie, un diplodoco animado. McCay poñíase fronte a unha proxección vestido con smóking e sostendo un látego. Chamaba a Gertie, que aparecía tras unhas rochas. Logo pedíalle que fixera varios trucos, similares a unha presentación de circo. Tras isto, McCay ofrecíalle unha mazá — McCay escondía a froita e Gertie atrapaba unha copia animada. A Gertie podíase vela tragando unha gran rocha, xogando cun mastodonte, e bebendo un lago completamente. Ao final, McCay desaparecía tras a pantalla mentres unha versión animada del trepaba polo dinosauro e ambos se ían.

Cines editar

O xefe de McCay, William Randolph Hearst, estaba molesto co éxito de McCay fóra do xornal, polo que utilizou o seu contrato como argumento para reducir as presentacións de McCay. A finais de 1914, William Fox ofreceuse para levar a Gertie the Dinosaur ao cine. McCay aceptou, e estenderon a curta para incluír un prólogo con texto que substituiría o seu rol nas presentacións. Esta é a versión que se pode ollar a día de hoxe; a orixinal só duraba 5 dos 12 minutos que ten agora.

 
McCay debuxando a Gertie.

A curta amosa a McCay xunto a varios dos seus amigos caricaturistas, como George McManus (creador de Bringing Up Father), Roy McCardell e Thomas A. Dorgan. Mentres están paseando en automóbil, a súa roda descomponse ante un museo. Os caricaturistas entran no museo, e ven o esqueleto dun dinosauro. McCay apóstalle a McManus que podería "revivir aos dinosauros mediante unha serie de debuxos". Entón pasa seis meses debuxando "dez mil caricaturas"; cando McManus o visita, McCay ensínalle os debuxos, aínda que un asistente bota accidentalmente unha pila deles polo chan (brincadeira que tamén é utilizada no filme de Little Nemo). Inmediatamente móstrase unha cea onde participa o grupo de caricaturistas. McCay comeza a facer un debuxo de Gertie. Mentres fai iso, alguén quéixase dicindo que "a aposta consistía en facer que se movera", tras isto só se mostra a animación e mediante textos, McCay indícalle a Gertie que ten que facer. A curta remata co grupo dicíndolle a George (McManus) que pague a cea.

Produción editar

Para crear a película, McCay debeu facer miles de debuxos de Gertie en follas de 6.5 x 8.5 polgadas. Contratou ao seu veciño e estudante de arte John A. Fitzsimmons para que debuxara os fondos. Fitzsimmons coidadosamente remarcou rochas, lagos e árbores feitos anteriormente como guía.

Na creación do debuxo animado, McCay creou varias técnicas que serían utilizadas posteriormente por futuros animadores. Unha desas técnicas era reempregar algúns debuxos para aforrar traballo. Preocupouse especialmente da coordinación de movementos de Gertie, como a respiración ou a terra que tremía cando camiñaba debido ao seu gran peso.

McCay era bastante aberto no que a información se refire. Durante a produción de Gertie explicaba detalladamente algunhas técnicas a visitantes que escribían artigos relacionados coa animación. Un destes visitantes foi John Randolph Bray, quen patentou varios destes métodos e posteriormente tratou de demandar a McCay. Mais McCay gañou e recibiu axuda económica de Bray durante varios anos.

Outras versións editar

En 1921, McCay planeou realizar unha segunda curtametraxe con Gertie, titulada Gertie on Tour. O debuxo animado mostraría a Gertie visitando Nova York e Washington, D.C., dando brincos sobre a Ponte de Brooklyn e tratando de comerse o Monumento a Washington, entre outras escenas. A película non puido ser terminada, e só existen fragmentos e debuxos individuais.

Un plaxio de Gertie, de aproximadamente 1915, foi distribuído durante varios anos, sendo identificado incorrectamente como película de McCay. Donald Crafton suxire que este Gertie puido ser creado por Bray Productions, debido ao estilo dos seus debuxos.[2]

Robert, fillo de McCay, xunto ao animador de Disney Richard Huemer, recrearon a presentación orixinal para o programa de televisión Disneyland de 1955.

Notas editar

  1. Jerry Beck, ed. (1998). The 50 Greatest Cartoons: As Selected by 1,000 Animation Professionals. JG Press, Inc. ISBN 1-57215-271-0. 
  2. Donald Crafton (1982). MIT Press, ed. Before Mickey: The Animated Film 1898-1928. ISBN 0-262-03083-7. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar