Germán Rañó Pérez

empresario e político galego

Germán Rañó Pérez, nado en Rianxo o 7 de decembro de 1912, foi un político galego.

Infotaula de personaGermán Rañó Pérez
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1912 Editar o valor em Wikidata (111 anos)
Rianxo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Benito Rañó Alcalde, que fora redactor de El Barbero Municipal. Na Segunda República foi detido en 1932 por desacato ao alcalde de Rianxo. Logo marchou a Rosario co seu pai. Colaborou en Nueva España de Rosario. Regresou da emigración arxentina para incorporarse ao exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia, e tras estar no campo de concentración de Saint Cyprien exiliouse en México, arribando a Veracruz no buque Monterrey o 9 de outubro de 1939. Alí traballou coa súa propia marca de equipos médicos e cirúrxicos.

En 1954 reiniciou a relación con Rafael Dieste. Foi directivo do Padroado da Cultura Galega de México e colabou na audición radial La hora de la cultura gallega. A partir de 1963 visitou España con certa regularidade. Retornou a Galicia nos anos setenta, residindo en Santiago de Compostela.[1]

Vida persoal editar

Casou coa actriz mexicana de orixe alemá Elma Seedorf o 12 de xullo de 1952. Tiveron catro fillos.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 8-9-1973, p. 20.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar